Aterraxe

parte final do voo

A aterraxe[1] é a fase final dun voo, que se define como o proceso que realiza unha aeronave que culmina co contacto do aparello coa terra; contacto que se perdeu no momento da engalaxe para efectuar o voo. É considerada unha fase crítica no conxunto deste.

Boeing 737 de Ryanair aterrando no aeroporto de Santiago de Compostela.
Boeing 757 de American Airlines en aproximación final ao Aeroporto Internacional Princesa Juliana, sobre Praia Maho.

Pódense distinguir 3 tipos de aterraxes:

  • As planeadas: Son aquelas que se efectúan con todas as condicións de seguridade e que se cumpren despois de alcanzar o destino definido.
  • As non planeados: Son aquelas que se efectúan porque se detectou unha condición atmosférica, mecánica, política, etc, que fan perigar o avión e os seus tripulantes, pasaxeiros, carga e encomenda; e
  • As de emerxencia: -tamén chamadas aterraxes forzosas- son aquelas que se efectúan en condicións críticas de seguridade nunha superficie apta ou non apta, tras terse danado algunha parte importante do avión, perder o control do mesmo, atoparse algo perigoso a bordo, ter algunha anomalía en calquera dos sistemas de control e de voo, presentarse un fenómeno inesperado que induza a xulgar que non é seguro continuar en voo.

Unha aterraxe lógrase tras efectuar un descenso na altitude do voo, reducir a velocidade deste, ter abaixo os trens de aterraxe, seguir un patrón de aproximación, de inclinación, de planeo e identificar o lugar exacto onde se terá que exercer a aterraxe, xa sexa na pista de aterraxe/engalaxe dun aeroporto, ou nunha superficie extensa de auga. Para efectuar unha aterraxe, existen do mesmo xeito que unha engalaxe, 3 factores: o factor terra, o factor aparello e o factor aire.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aterraxe.
  NODES
INTERN 1
todo 1