Atol Arno
Arno é un atol de 133 illas no océano Pacífico. É un distrito lexislativo das Illas Marshall na cadea Ratak. O territorio abarca 13 quilómetros cadrados de terra firme. A diferenza da maioría dos outros atois, Arno inclúe tres diferentes lagoas, unha gran lagoa central, e dúas máis pequenas no norte e o leste. A súa lagoa principal inclúe unha superficie de 338´7 km². A unha distancia de só 20 km, é o atol máis próximo á capital das Illas Marshall, o atol Majuro, e pódese ver mirando cara ao leste desde Majuro nun día claro. Atópase aproximadamente a 47 km. ao leste de Ujae.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Illas Marshall | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.069 (1999) (159,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 13 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MH-ARN | ||||
A poboación do atol Arno era de 2.069 segundo o censo de 1999. Os illotes máis poboados son Ajeltokrok, Kobjeltak, Rearlaplap, Langor e Tutu. O pobo máis grande é Ine, Arno.
Os habitantes de Arno son ben coñecidos pola súa produtividade na fabricación de copra (a carne seca de coco, da que é extraído o aceite de coco). As mulleres de Arno son famosas pola produción da Bolsa de Kili, un popular bolso tecido a man, o nome doutra illa nas Illas Marshall (á que a poboación do atol Bikini foi finalmente trasladada como consecuencia das probas nucleares dos Estados Unidos que se levaron a cabo no seu atol). En Arno supostamente había unha tradicional "escola de amor".
Historia
editarO atol Arno foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio do Xapón. Tras o final da segunda guerra mundial, o atol Arno quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico. A illa forma parte da República das Illas Marshall desde 1986.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio das Illas Marshall
- Entry at Oceandots.com Arquivado 23 de decembro de 2010 en Wayback Machine.