Atol Penrhyn
Penrhyn, ou tamén Tongareva, é un atol, o máis remoto das illas Cook. Está situado no grupo setentrional, a 1.365 km ao norte de Rarotonga.
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Cook Setentrionais | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Cook Setentrionais | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Cook | ||||
Localización | Océano Pacífico | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 4 m | ||||
Superficie | 9,8 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1788 | ||||
Xeografía
editarO atol ten unha lagoa de máis de 280 km², unha das máis grandes do Pacífico sur. As terras emerxidas teñen unha superficie total de 9,8 km². Dispón de tres pasos navegables a través do escollo. O máis utilizado, serve de paso entre Panamá e Nova Zelandia, é o paso de Taruia, preto da vila de Omoka. Atópase exactamente a 9º de latitude sur e 158º de lonxitude oeste e por isto era utilizado frecuentemente polos navegantes para calibrar os seus instrumentos. Alén da lagoa atópase outra vila, denominada Te Tauta.
A principal actividade económica é o cultivo de perlas negras. Son moi apreciados os tradicionais chapeus artesáns de follas de pandanacia.
A poboación total era de 357 habitantes ao censo do 2001.
Historia
editarO atol foi descuberto en 1788, polo inglés W. Severo no barco Lady Penrhyn, de volta da primeira viaxe de deportación de convictos a Australia. O nome orixinal maorí é Tongareva, que significa 'afastada desde o sur'. Tamén se coñecía como «o círculo» (Te Pitaka). O nome maorí actual é Mangorongaro.
A partir de 1854 foi evangelizada por pastores de Rarotonga. Dez anos máis tarde chegaron os negreiros peruanos e estímase que deportaron ao Perú, uns 1.000 habitantes axudados polos misioneiros que necesitaban diñeiro para construír igrexas. Denominaron a illa como dos Catro Evanxelistas.
Durante a segunda guerra mundial construíuse un aeroporto que aínda está en servizo, con voos semanais a Rarotonga.