Augustin Pyrame de Candolle

botánico suizo

Augustin Pyrame de Candolle, nado en Xenebra o 4 de febreiro de 1778, e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1841, foi un médico e botánico (especializado en brioloxía, pteridoloxía e micoloxía) suízo. É coñecido por ser un dos fundadores, con Linneo, da sistemática taxonómica moderna para clasificar as plantas.

Modelo:BiografíaAugustin Pyrame de Candolle

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Augustin-Pyramus de Candolle Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1778 Editar o valor en Wikidata
Xenebra (Republic of Geneva) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de setembro de 1841 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio dos Reis, secteur 3 tombe 219 Editar o valor en Wikidata
Catedrático Universidade de Montpellier
1807 – 1816
Dean for the Academy of Montpellier (en) Traducir

← Victor de Bonald (pt) TraducirCharles Blanquet du Chayla (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza (desde 1815)
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónCollège Calvin (1794–)
Universidade de Xenebra
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTaxonomía, ciencias naturais, botánica, economic botany (en) Traducir, Agronomía, Fitoxeografía, paleontoloxía, Homoloxía e Cronobioloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Xenebra (1816–)
Montpellier (1807–)
París (1798–) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, zoólogo, catedrático, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Montpellier, Universidade de Xenebra
Membro de
Influencias
Linguafrancés, latín
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaDC. Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Françoise de Candolle, nada Torras (desde 1802) Editar o valor en Wikidata
FillosAlphonse Pyrame de Candolle Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Декандоль Огюстен Пирам)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: De_Candolle-6

Traxectoria

editar

De familia provenzal, exiliada de Francia polas súas conviccións calvinistas durante o século XVI, de Candolle estudou o bacharelato, desde 1794, no Collège Calvin da súa cidade natal, e medicina nas universidades de Xenebra e París. Durante os seus estudos universitarios, e baixo a dirección de René Desfontaines, iniciouse na botánica, á que se afeccionou intensamente. Dedicouse a ela de tal maneira que, só tres anos máis tarde, en 1799, publicou a súa Histoire Plantarum Succulentarum ("Historia das plantas suculentas") e, en 1802, unha Astragalogía.

En 1804 doutorouse en medicina, cunha tese sobre as propiedades medicinais das plantas. O seu crecente renome fixo que Lamarck o encargase da reedición da súa Flore française (Flore Francaise, ou Descriptions Succinctes de Toutes les Plantes qui Croissent Naturellement en France..., catro tomos en 5 vols. en 1805 e o tomo 5, vol. 6, en 1815), un traballo que o ocuparía até 1815.

En 1807 foi nomeado catedrático de botánica na Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier, como sucesor de Pierre Marie Auguste Broussonet.

En 1813 resumiu os principios teóricos das súas investigacións anteriores nunha Théorie élémentaire de la botanique, e terminou cuñando o termo taxonomía, que derivou de dúas palabras do grego antigo: τάξις táxis "ordenamento", e νόμος nomos, "uso", "maneira", "regra", "norma".

Tras a restauración da monarquía borbónica francesa en 1814 debeu abandonar Francia, e regresou á súa Xenebra natal, onde se fundou unha cátedra de Historia Natural e un xardín botánico expresamente para el.

Durante esa época emprendeu o titánico traballo de describir todas as plantas coñecidas. En 1824 puido publicar a primeira parte co título de Regni vegetabilis systema naturale ("Sistema natural do reino vexetal"), pero a obra ocuparíalle até a súa morte e tivo que ser acabada polo seu fillo, Alphonse Pyrame de Candolle.

Na súa versión final, o texto comprende máis de 90 000 especies.

 
Ilustración de Kalanchoe laciniata en Plantarum Historia Succulentarum

A clasificación ocupa para de Candolle un lugar esencial na súa concepción da morfoloxía, considerando á anatomía comparada como o instrumento central para a clasificación, pois só ao seu través podemos distinguir as semellanzas formais das funcionais. De Candolle enunciou, así, unha des primeiras distincións entre analoxía e homoloxía. A partir das relacións homolóxicas, de Candolle foi un gran defensor da existencia metafísica dun tipo do que poderían derivarse todas as formacións vexetais.

No mesmo marco morfoloxista, de Candolle desenvolveu, paralelamente a Goethe, toda unha teoría sobre a metamorfose das plantas.

Honores

editar

Epónimos

editar

Abreviatura

editar

A abreviatura DC. emprégase para indicar a Augustin Pyrame de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[3]

  1. Rhodora 68 (776): 429. 1966 [28 de decembro de 1966] (GCI)
  2. Annales de Museum d'Histoire Naturelle, París xuño de 1805 (APNI)
  3. DC. – Augustin Pyramus de Candolle (1778-1841) no IPNI.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Albrecht, Urs (2010). "A History of Chronobiological Concepts". The Circadian Clock. Springer New York. pp. 1–35. ISBN 978-1-4419-1262-6. 
  • Allaby, Michael (2010). Plants: Food, Medicine, and the Green Earth. Infobase Publishing. ISBN 978-0-8160-6102-0. 
  • Candolle, Augustin Pyrame de (1813). Théorie élémentaire de la botanique, ou Exposition du principe de la classification naturelle et de l'art de décrire et d'étudier les végétaux. Paris: Déterville. 
  • Waggoner, Ben (7 de xullo de 2000). "Carl Linnaeus (1707–1778)". University of California Museum of Paleontology. University of California. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2022. Linneo admitiu libremente que isto produciu unha "clasificación artificial", non unha natural, que tería en conta todas as similitudes e diferenzas entre os organismos.. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
iOS 3
mac 2
multimedia 1
os 32
text 1
todo 1