Augusto Roa Bastos
Augusto Roa Bastos, nado en Asunción en 1917 e finado o 26 de abril de 2005; foi un escritor, xornalista e guionista paraguaio en lingua castelá, considerado o autor máis importante de Paraguai e un dos máis destacados da literatura latinoamericana, gañador do Premio Cervantes en 1989.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Augusto José Antonio Roa Bastos 13 de xuño de 1917 Asunción, Paraguai |
Morte | 26 de abril de 2005 (87 anos) Asunción, Paraguai |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, profesor universitario, guionista, escritor, poeta |
Período de actividade | 1953 - |
Empregador | Universidade de Tolosa-Jean Jaurès |
Xénero artístico | Poesía e dictator novel (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDurante a súa infancia deu mostras de interese pola lectura e o xornalismo[1]. Dende novo compaxinou o seu traballo na banca con colaboracións xornalísticas. Trala Guerra do Chaco, cursou estudos de Dereito e Economía[1]. Posteriormente, no 1947, tivo que exiliarse a Arxentina polas súas colaboracións en xornais independentes[1]. Viviu en diversos países coma Arxentina (onde publicou os seus primeiros libros) e España (onde obtivo a nacionalidade no 1983). Finalmente o seu exilio rematou cincuenta anos despois.
Obra
editarAlgunhas das obras máis senlleiras son:
- Hijo de Hombre
- Yo, el Supremo
- El trueno entre las hojas
- Madera quemada
- El Baldío
- Los congresos
- El sonámbulo
Premios e condecoracións
editar- 1989, Premio Cervantes
- 1995, Premio nacional de literatura de Paraguai pola súa obra Madame Sui
- 1997, Orde de Cabaleiro da lexión de honor da República Francesa
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Roa Bastos, Augusto (2001). Yo, el Supremo. ISBN 84-8130-303-8.