Auschwitz-Birkenau

grupo de campos de concentración nazis no sur de Polonia

Auschwitz-Birkenau (en alemán De-Konzentrationslager Auschwitz.ogg Konzentrationslager Auschwitz-Birkenau , en polaco Oswiecim-Brezinka) é o nome dun grupo de campos de concentración localizados no sur de Polonia, símbolos do Holocausto perpetrado polo nazismo. A partir de 1940 o goberno alemán comandado por Adolf Hitler construíu varios campos de concentración e un campo de exterminio nesta área, na Polonia daquela ocupada. Houbo tres campos principais e trinta e nove campos auxiliares, converténdoo no maior campo de concentración dos nazis.

Modelo:Xeografía físicaAuschwitz-Birkenau
Imaxe
Tipocampo de concentración
campo de exterminio
museu a céu aberto (pt) Traducir
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
EpónimoBrzezinka (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deAuschwitz Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBrzezinka, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 50°02′14″N 19°10′31″L / 50.0371, 19.1752
Composto por
Características
Superficie171 ha
Patrimonio da Humanidade: 171,6146 ha Editar o valor en Wikidata
Monumento inmoble
Data2 de agosto de 1995
IdentificadorA714/95
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1979 (3ª Sesión)
Identificador31-002
Historia
Data de creación ou fundación1940 Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición27 de xaneiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1940-1945construción Editar o valor en Wikidata
Código do catálogocontrol de autoridades EHRI: camps/2. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455549

Os campos localizábanse no territorio dos municipios de Auschwitz e Birkenau, versións en lingua alemá para os nomes polacos de Oświęcim e Brzezinka, respectivamente. Esta área dista cerca de sesenta quilómetros da cidade de Cracovia, capital da rexión da Pequena Polonia.

En 1979, Auschwitz foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Os tres campos principais:

editar
 
Forno crematorio
  • Auschwitz I - Campo de concentración orixinal que servía de centro administrativo para todo o complexo. Neste campo morreron preto de 70.000 intelectuais polacos e prisioneiros de guerra soviéticos.
  • Auschwitz II (Birkenau) - Era un campo de exterminio onde morreron aproximadamente un millón de xudeus e preto de 19.000 xitanos.
  • Auschwitz III (Monowitz) - Foi utilizado como campo de traballo escravo para a empresa IG Farben.

O número total de mortes producidas en Auschwitz-Birkenau está aínda en debate, mais estímase que entre un millón e un millón e medio de persoas morreron alí.

Historia

editar
 
Vista aérea

A Alemaña nazi construíu a partir de 1940 varios campos de concentración e un campo de exterminio en Auschwitzque, do mesmo xeito que todos os demais campos de concentración, estaban dirixidos pola Schutzstaffel (SS) comandada por Heinrich Himmler. Os comandantes do campo foron Rudolf Höß (ás veces escrito "Hoess") até o verán de 1943, ao que lle seguiron Artur Leibehenschel e Richard Baer.

Höß deu unha descrición detallada do funcionamento do campo durante o seu interrogatorio nos Xuízos de Núremberg, detalles que complementou na súa autobiografía. Höß foi executado en 1947 en fronte da entrada ao crematorio de Auschwitz I.

O 17 de xaneiro de 1945 o persoal nazi iniciou a evacuación de Auschwitz. A maioría dos prisioneiros deberon marchar cara ao oeste. Aqueles demasiado febles para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros foron liberados polo exército Vermello o 27 de xaneiro de 1945.

Durante os anos de operación do campo, preto de 700 prisioneiros intentaron escapar do campo, dos cales 300 tiveron éxito. A pena aplicada por intento de fuga era, xeralmente, a morte por inanición. As familias dos escapados eran arrestadas e internadas en Auschwitz para seren exhibidas como advertencia a outros prisioneiros.

Auschwitz I

editar
Artigo principal: Auschwitz I.
 
Auschwitz I. Foto tirada no 2001.

Auschwitz I foi o centro administrativo de todo o complexo. Foi aberto o 20 de maio de 1940, a partir de barracas de ladrillo do exército polaco. Os primeiros prisioneiros do campo foron 728 prisioneiros políticos polacos de Tarnów. Inicialmente, o campo foi utilizado para internar membros da resistencia e intelectuais poloneses, e máis adiante levaron alí tamén prisioneiros de guerra da Unión Soviética, prisioneiros comúns alemáns, elementos antisociais e homosexuais. Desde o primeiro momento chegaron tamén prisioneiros xudeus. Xeralmente o campo albergaba entre trece e dezaseis mil prisioneiros, alcanzando a cantidade de vinte mil en 1942.

A entrada de Auschwitz I tiña (e aínda hoxe as ten) as palabras "Arbeit macht frei" (o traballo libera). Os prisioneiros do campo saían a traballar durante o día para as construcións do campo con música de marcha tocada por unha orquestra.

As SS xeralmente seleccionaban prisioneiros, chamados kapos, para supervisar o resto. Todos os prisioneiros do campo realizaban traballos e, excepto nas fábricas de armas, o domingo reservábase para limpeza con duchas e non había traballo. As duras condicións de traballo unidas á desnutrición e á pouca hixiene facían que a taxa de mortalidade entre os prisioneiros fose moi grande.

O bloque 11 de Auschwitz I era a prisión dentro da prisión e alí se aplicaban os castigos. Algúns deles consistían no confinamento por varios días nunha cela moi pequena para sentar. Outros eran executados, pendurados ou deixados morrer de fame.

En setembro de 1941, as SS realizaron no bloque 11 as probas do gas Zyklon B nas que morreron 850 prisioneiros polacos e rusos. As probas foron consideradas un éxito e en consecuencia construíronse unha cámara de gas e un crematorio. Esta cámara de gas foi utilizada entre 1941 e 1942 para logo ser convertida nun refuxio antiaéreo.

A primeira muller chegou ao campo o 26 de marzo de 1942. Entre abril de 1943 e maio de 1944 leváronse a cabo experimentos de esterilización sobre mulleres xudías no bloque 10 de Auschwitz I. O obxectivo era o desenvolvemento dun método sinxelo que funcionase cunha simple inxección para ser utilizado coa poboación eslava. O doutor Josef Mengele experimentou con xemelgos neste mesmo complexo. Cando un prisioneiro non se recuperaba rapidamente, xeralmente era executado aplicándolle unha inxección letal de fenol.

O campo bordel, creado no verán de 1943 por ordes de Himmler, estaba localizado no bloque 24 e utilizábase para premiar os prisioneiros privilexiados. Os gardas seleccionaban prisioneiras para este campo, mais tamén aceptaban voluntarias atraídas polas mellores condicións alimenticias.

Auschwitz II (Birkenau)

editar
 
Campo de concentración de Auschwitz-Birkenau en 2001.

Auschwitz II (Birkenau) é o campo que a maior parte das persoas coñece como Auschwitz. Alí foron encarcerados centenas de millares de xudeus e alí tamén se executaron máis dun millón de xudeus e xitanos.

O campo está localizado en Brzezinka (Birkenau), a 3 km de Auschwitz I. A construción iniciouse en 1941 como parte da Endlösung der Judenfrage (solución final). O campo tiña unha extensión de 2,5 km por 2 km e estaba dividido en varias seccións, cada unha delas separada en campos. Os campos, como todo o complexo enteiro, estaban cercados e rodeados de arame e cercas eléctricas (algúns prisioneiros utilizaron o cerco eléctrico para se suicidaren). O campo albergou até 100.000 prisioneiros en momentos dados.

O obxectivo principal do campo non era manter prisioneiros como forza traballadora (como era o caso de Auschwitz I e III) senón o seu exterminio. Para cumprir con este obxectivo, equipouse o campo con catro crematorios con cámaras de gas. Cada cámara de gas podía recibir até 2.500 prisioneiros por quenda. O exterminio a grande escala comezou na primavera de 1942.

 
Zyklon B

A maioría dos prisioneiros chegaba ao campo por tren, con frecuencia despois dunha terrible viaxe en vagóns de carga que duraba varios días. A partir de 1944 estendeuse a liña do tren para que chegase directamente ao campo. Algunhas veces, ao chegar o tren, os prisioneiros eran pasados directamente para as cámaras de gas. Noutras ocasións, os nazis seleccionaban algúns prisioneiros para supervisión de Josef Mengele, para seren enviados a campos de traballo, ou para realizar experimentos. Xeralmente os meniños, os anciáns e os doentes eran enviados directamente para as cámaras de gas.

Cando un prisioneiro pasaba a selección inicial, era enviado a pasar un período de corentena e logo atribuíanlle unha tarefa ou era enviado a traballar nalgún dos campos de traballo anexos.

Os seleccionados para exterminación eran enviados a un dos grandes complexos de cámaras de gas/crematorio para os extremos do campo. Dous dos crematorios (Krema II e Krema III) tiñan instalacións subterráneas, unha sala para espir e unha cámara de gas con capacidade para millares de persoas. Para evitar o pánico, informábase ás vítimas de que recibirían alí unha ducha e un tratamento desinfectante. A cámara de gas inclusive tiña tubulacións para duchas, aínda que nunca foron conectadas co servizo de auga. Ordenábase ás vítimas que se espisen e deixasen os seus bens no vestiario, onde supostamente os poderían recuperar ao final do tratamento, de maneira que debían recordar o número da localización das súas pertenzas. Unha vez selada a entrada, descargábase o axente tóxico Zyklon B polas aberturas no teito. As cámaras de gas nos crematorios IV e V tiñan instalacións na superficie e o Zyklon B introducíase por xanelas especiais nas paredes. Logo, despois de mortos, os corpos eran levados a unha sala de fornos anexa por prisioneiros seleccionados, chamados Sonderkommando, onde eran incinerados.

Alemaña invadiu Hungría en marzo de 1944; entre maio e xullo de 1944, preto de 438.000 xudeus de Hungría foron deportados para Auschwitz-Birkenau e a maioría foron executados alí. Había días nos que os fornos non daban abasto e se tiñan que queimar os corpos en fogueiras ao aire libre.

Famílias enteiras de xitanos foron encerradas nunha sección especial do campoe pasadas polas cámaras de gas en xullo de 1944, e o 10 de outubro dese ano procedeuse á exterminación dos nenos xitanos restantes en Birkenau.

O 7 de outubro de 1944, os Sonderkommandos xudeus, que eran mantidos afastados dos demais prisioneiros e que traballaban na operación das cámaras de gas e fornos crematorios, organizaron un levantamento. As prisioneiras conseguiran extraer explosivos dunha fábrica de armas e utilizáronos para destruíren parcialmente o crematorio IV e trataren de escapar na confusión. Os 250 prisioneiros foron capturados e inmediatamente executados.

 
Visión de Auschwitz no inverno.

Auschwitz III e os campos subalternos

editar
Artigo principal: Monowitz.

Os campos subalternos de traballo instalados no complexo de Auschwitz estaban estreitamente relacionados coa industria alemá, principalmente nas áreas militar, metalúrxica e mineira. O maior campo de traballo era Auschwitz III Monowitz, que iniciou as súas operacións en maio de 1942. Este campo estaba asociado coa empresa IG Farben e producía combustibles líquidos e goma sintética. A intervalos regulares, facíanse revisións sanitarias por parte do persoal médico de Auschwitz II, a fin de enviar enfermos e febles ás cámaras de gas de Birkenau.

Mulleres en Auschwitz

editar

As primeiras prisioneiras, así como as primeiras vixiantes, chegaron ao campo en marzo de 1942 trasladadas do campo de Ravensbrück de Alemaña. O campo feminino foi mudado a Auschwitz-Birkenau en outubro de 1942, e María Mendel foi nomeada xefe da vixilancia. Preto dun total de 1.000 homes e 200 mulleres da SS serviron como supervisores en todo o complexo de Auschwitz.

O coñecemento dos aliados

editar

Dende 1940, Witold Pilecki, un soldado da Armia Krajowa (organización de resistencia polaca á ocupación nazi) foi voluntario para ser levado como prisioneiro a Auschwitz e obtivo unha considerable cantidade de información que foi levada a Varsovia e de alí a Londres. Por outra banda, os aliados tiñan información aérea detallada dos campos dende maio de 1944. Dous prisioneiros fuxidos (Rudolph Vrba e Alfred Wetzler) reuniran descricións precisas e mapas que chegaron aos aliados durante o verán de 1944. O 13 de setembro de 1944, bombardeiros dos Estados Unidos atacaron a fábrica de Buna Werke asociada con Auschwitz III, destruíndoa parcialmente.

Evacuación e liberación

editar

As cámaras de gas de Birkenau foron destruídas polos nazis en novembro de 1944 coa intención de esconder as actividades do campo das tropas soviéticas. O 17 de xaneiro de 1945 os nazis iniciaron unha evacuación do campo. A maioría dos prisioneiros deberían partir para o oeste. Aqueles moi fracos para camiñar foron deixados atrás. Preto de 7.500 prisioneiros (ou 3.000 segundo outras fontes) pesando entre 23 e 35 kg, foron liberados polo Exército Vermello o 27 de xaneiro de 1945.

Algúns prisioneiros coñecidos

editar

Criminais de guerra

editar

Preto de 6.500 membros das SS serviron en Auschwitz realizando pequenas ou grandes tarefas co obxectivo de lograr a solución final ao problema xudeu. A maioría deles sobreviviron á guerra. Coas primeiras prisioneiras, chegaron tamén as primeiras vixiantes ao campo en marzo de 1942 trasladadas desde o campo de Ravensbruck en Alemaña. O campo feminino foi mudado a Auschwitz-Birkenau en outubro de 1942, e María Mendel foi nomeada xefa de vixilancia. Preto dun total de 1.000 homes e 200 mulleres das SS serviron como supervisores de vixilancia en todo o complexo de Auschwitz. De entre todos os funcionarios, soamente 750 foron levados a xuízo, case todos en relación con crimes contra a poboación polaca.

Negacionismo

editar
 
Ruínas de Auschwitz. Fai parte do patrimonio da humanidade.

Dende a fin da Segunda guerra mundial houbo intentos por negar o propósito dos campos de exterminio ou a súa magnitude. Afirmouse que sería imposible queimar un tal número de corpos ou que as instalacións que poden ser visitadas na actualidade foron reconstruídas logo da guerra para que estivesen en concordancia co que se contou sobre Auschwitz dende o final do conflito.

En 2005, Oskar Gröning, un ex-funcionario nazi, decidiu dar testemuño. Gröning foi membro das mocidades hitlerianas, de alí pasou a ser membro do partido nazi e máis tarde enrolouse nas Waffen SS á idade de 20 anos. Logo de dous anos de traballo administrativo para as SS, foi asignado a Auschwitz en 1942. Inicialmente Gröning cría que este era un campo de concentración normal, pero inmediatamente observou, como parte da súa indución ao traballo do campo, a chegada dun primeiro convoi de prisioneiros, a selección por parte do persoal médico das SS, onde só o 20% dos recentemente chegados foi escollido para traballar nos campos. Os enfermos eran transportados por padioleiros que utilizaban os símbolos da Cruz Vermella para dar unha ilusión de normalidade. Logo acompañou ao grupo que levou aos non seleccionados para o traballo e aos enfermos até as cámaras de gas, disfrazadas como duchas e finalmente presenciou a queima dos corpos nos fornos crematorios e a organización dos bens para a súa posterior clasificación. Gröning solicitou ser transferido a unha unidade de combate, pero os seus servizos como persoal administrativo eran requiridos alí, de maneira que pasou preto de dous anos levando as contas dos bens recuperados das pertenzas dos prisioneiros, axudado polo abundante alcol dispoñible no campo. Ao final da guerra foi feito prisioneiro (estivo en cativerio até 1948) pero omitiu mencionar o seu período en Auschwitz nos interrogatorios. Anos despois saíu a relucir o seu pasado, pero nunca se formularon cargos na súa contra.

En galego

editar

Birkenau é a localización da novela O amor nos escuros días de Birkenau de Alberto Canal.[1]

  1. Dopico, Montse (12 de agosto de 2016). "“Cómpre seguir lembrando o nazismo debido ao auxe do filonazismo na Europa actual”". Praza Pública. Consultado o 8 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

En inglés

editar

En polaco

editar
  • Jakubski, Antoni (1948). Organizacja Niemieckich Obozów Koncentracyjnych [Organitation of German Concentration Camps] III. Niepodleglosc / Pilsudski’ Institute. pp. 173–217. 
  • Kalendarium - Kalenndarz Wydarzen w KL Auschwitz
  • Ptakowski, J. (1985). Oświęcim bez cenzury i bez legend [Auschwitz without censorship and legends]. 

En castelán

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 5
Idea 1
idea 1
INTERN 4
todo 11