Autódromo Hermanos Rodríguez
Autódromo Hermanos Rodríguez | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | FIA Fórmula 1 Gran Premio de México (1962–1970, 1986–1992, 2015–)
|
Localización | Cidade de México, México |
Lonxitude | 4´304 km.[1] |
Curvas | 17 |
Volta rápida (2017) | 1:18.785 |
Piloto récord | Sebastian Vettel |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Autódromo Hermanos Rodríguez é un autódromo de 4.304 m situado en Cidade de México, México e nomeado así en honra a dous grandes pilotos mexicanos, os irmáns Ricardo e Pedro Rodríguez de la Vega, quen morreron a temperá idade. Construído nun complexo deportivo en 1959, o circuíto albergou en 1962 o seu primeiro Gran Premio de México de Fórmula 1, evento non puntuable nesa tempada. Ricardo Rodríguez morreu ese ano nesa carreira ao tratar de cualificar un Lotus de Rob Walker. O irmán de Ricardo Pedro tamén perdeu a vida ao volante nove anos máis tarde. En 1963, pasou a ser unha sede regular do calendario da Fórmula 1 ata 1970.
O circuíto atópase dentro do parque público da Ciudad Deportiva de La Magdalena Mixiuhca no sueste de Cidade de México. O circuíto é propiedade do Goberno da Cidade, pero é operado baixo concesión pola Corporación Interamericana de Entretenimiento (CIE) a través de OCESA, unha das subsidiarias de CIE. CIE tamén organiza as carreiras da NASCAR e o Desafío Coron neste circuíto e aluga os circuítos para outros eventos, incluíndo organizadores de carreiras, clubs de automóbiles e afeccionados, os alugueiros son discutidos debido aos seus desproporcionados prezos en comparación con outras pistas de F1.
Características
editar- Capacidade: 100 000 espectadores
- Lonxitude do circuíto: 4,304 quilómetros.
- Lonxitude da carreira de Fórmula 1: 71 voltas = 305,584 quilómetros. 17 curvas en total.
- Aceleración a fondo: 54% do tempo de volta.
- Consumo de combustible: 1,41 kg por volta.
- Cambio de marchas por volta: 47
- Marca volta: 1:20.521 (Nico Rosberg, Mercedes, 2015, FIA Fórmula 1)
Historia
editarConstruído nun parque público en 1962, o circuíto albergou o seu primeiro Gran Premio de Fórmula 1 o mesmo ano, como unha carreira fóra de campionato. Ao ano seguinte o Gran Premio de México converteuse nunha carreira do Campionato Mundial. O circuíto mantívose como parte do calendario da F1 ata 1970, cando o amoreamento dos espectadores provocaron condicións inseguras. Cando a pista volveu abrir en 1986, o circuíto presentou un novo complexo de boxes, así como unha maior seguridade a seu redor. En 2001 CIE e Forsythe Racing encargaron a D3 Motorsport Development a modernización do circuíto. Fíxose un completo redeseño e actualización do circuíto.
En maio de 2012 anunciouse que o circuíto sería novamente anfitrión do Gran Premio de México a partir de 2013, nun contrato de cinco anos que ía substituír o Gran Premio de Europa disputado en Valencia,[2] pero isto non sucedeu. O Gran Premio de México apareceu como a décimo novena carreira do calendario provisional para a tempada 2014,[3] pero non estaba no calendario final. O Gran Premio de México incluíuse no calendario 2015 de Fórmula Un publicado pola FIA o 3 de decembro de 2014, facendo o seu regreso coa carreira celebrada o 1 de novembro de 2015.[4]
Champ Car
editarActualmente recibe á Champ Car (antes CART) e foi a última carreira da tempada durante os últimos 4 anos. O circuíto sufriu diversas modificacións nesta categoría. Ata o Gran Premio de 2005 o circuíto atravesaba pola metade o Foro Sol, cortando pola metade a famosa curva peraltada. A partir do 2006 utilizouse novamente toda a peraltada.
Nascar Busch Series
editarAdemais de recibir á Champ Car, desde o 2005 correuse a categoría Busch Series e onde tamén se fixeron modificacións á pista, como unha chicana ao final da recta principal para que os autos entrasen a moderada velocidade á primeira curva. Tamén as curvas da recta traseira, a zona coñecida como "estadio", foi recortada. En todas as edicións utilizouse a curva peraltada, sen pasar polo Foro Sol.
A1GP
editarTamén se correu no 2007 a A1GP, a categoría de competencia de nacións, que na súa anterior edición tivera lugar no Parque Fundidora de Monterrey.
Outros eventos
editarDurante cada fin de semana de eventos da Champ Car, Nascar e A1GP córrense outras categorías secundarias que forman parte da atracción. Unha delas e a máis importante, e que se correu en varias edicións é a Grand Am Series que corre con dous tipos de autos á vez: prototipos e turismo. Na edición de 2006 Luís "Chapulín" Díaz xunto con Scott Pruett gañaron a carreira, converténdose o primeiro mexicano (Díaz) en gañar no Autódromo da capital. De igual forma realízanse eventos de diversas índoles dentro do trazado da Magdalena Mixhuca.
Marcas de volta
editarVoltas rápidas no Autódromo Hermanos Rodríguez (Configuración baixo condicións de carreira).
Configuración do circuíto | Evento | Clase | Tempo | Piloto | Coche/moto |
---|---|---|---|---|---|
Circuíto F1 Grand Prix circuit (2015–presente) | Gran Premio de México de 2015 | F1 | 1:20.521 | Nico Rosberg | Mercedes F1 W06 Hybrid |
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001) | Gran Premio de México de 1991 | F1 | 1:16.788 | Nigel Mansell | Williams FW14 |
Circuíto F1 Grand Prix circuit (1962–1979) | Gran Premio de México de 1969 | F1 | 1:43.05 | Jacky Ickx | Brabham BT26A |
Voltas rápidas absolutas
editarConfiguración do circuíto | Evento | Clase | Tempo | Piloto | Coche/moto |
---|---|---|---|---|---|
Circuíto F1 Grand Prix (2015–presente) | Gran Premio de México de 2016 | F1 | 1:18.704 | Lewis Hamilton | Mercedes F1 W07 Hybrid |
Circuíto F1 Grand Prix (1986–2001) | Gran Premio de México de 1992 | F1 | 1:16.346 | Nigel Mansell | Williams FW14B |
O circuíto do Gran Premio
editarDeseñado como a súa tese polo estudante Óscar Fernández en 1953,[5] o circuíto ten unha altitude de 2.238 m o aire enrarecido causa dificultades tanto para os pilotos como para os seus coches.[Cómpre referencia] Tamén reduce os niveis de resistencia aerodinámica que experimentan os coches, o que significa que se poden usar configuracións de maior carga aerodinámica con menos impacto na velocidade en liña recta.[6]
O circuíto ten unha curva final extremadamente rápida (a Peraltada, curva 17) antes da longa recta de saída/meta, e así a algúns lembralles a Monza, con todo, a diferenza da curva Parabolica de Monza, a curva Peraltada está lixeiramente inclinada, permitindo aínda máis velocidade na curva. Foi nesta curva onde se estrelou o mozo Rodríguez, por falla de suspensión. Despois do último Gran Premio de México de F1 en 1992, construíuse un estadio de béisbol chamado "Foro" na parte interna desta curva. Cando a serie Champ Car comezou a usar a pista en 2002, a curva Peraltada foi parcialmente evitada por unha serie de curvas pechadas que entraban e saían do Foro, volvendo entrar na Peraltada a metade do camiño.
Despois da Peraltada chega a longa recta principal de 1,2 km. Durante a era orixinal do turbo na Fórmula Un, os coches máis rápidos marcaban regularmente velocidades de ata 330 km./h na recta.
Na tempada 2005 da NASCAR Busch Series, houbo unha chicana na recta principal para reducir a velocidade dos coches. Tamén introduciron unha curva entre o trazado curto e a Ese do Lago para sortear esta última, pero evitando o desvío do estadio.
O circuíto de Gran Premio someteuse a unha importante renovación baixo a dirección de Hermann Tilke para o regreso da Fórmula Un en 2015. A recta principal ampliouse lixeiramente e reperfilouse para acomodar un novo centro multimedia e un paddock. Os emblemáticos eSes entre as curvas 7 e 13 foron significativamente modificados; as prolíficas curvas e de alto radio diminuíron en gran medida e algunhas substituíronse por curvas de ángulo fixo. A parte do campo de béisbol da pista tamén alterouse a unha combinación esquerda-dereita a baixa velocidade que saltaba a primeira metade da Peraltada, permitindo aos coches volver entrar na Peraltada na metade da curva. Con 4,304 km., o percorrido é 170 m. máis curto que o anterior trazado do Gran Premio, e os organizadores do Gran Premio de México prognosticaron tempos por volta duns 75 segundos e velocidades superiores a 328 km/h para os actuais coches de Fórmula Un turboalimentados, que eliminan os efectos adversos de altitude presente nos coches de aspiración natural.[1] Non obstante, os modernos coches de F1 turbo híbridos V6 lograron alcanzar velocidades máximas superiores a 370 km/h pola recta principal.
Historia do trazado
editar-
Circuíto de Gran Premio (1959–1985)
-
Circuíto de Gran Premio (1986–2014)
-
Circuíto de Gran Premio (2015–presente)
-
Diferenzas entre o trazado de 1959–1985 e o de 1986–2014
-
Diferenzas entre o trazado de 1986–2014 e o de 2015
-
Circuíto de Formula E (2016)
-
Circuíto de Formula E (2017–2019)
-
Circuíto de Formula E (2020–presente)
Gañadores de Fórmula 1 no autódromo Hermanos Rodríguez
editarNº | Ano | Piloto | Vehículo | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1963 | Jim Clark | Lotus-Climax | 2:09:52,100 h | 5´000 km | 65 | 150´152 km/h | 27. outubro | México | |
2 | 1964 | Dan Gurney | Brabham-Climax | 2:09:50,320 h | 5´000 km | 65 | 150´186 km/h | 25. outubro | ||
3 | 1965 | Richie Ginther | Honda | 2:08:32,100 h | 5´000 km | 65 | 151´710 km/h | 24. outubro | ||
4 | 1966 | John Surtees | Cooper-Maserati | 2:06:35,340 h | 5´000 km | 65 | 154´042 km/h | 23. outubro | ||
5 | 1967 | Jim Clark | Lotus-Ford | 1:59:28,700 h | 5´000 km | 65 | 163´210 km/h | 22. outubro | ||
6 | 1968 | Graham Hill | Lotus-Ford | 1:56:43,950 h | 5´000 km | 65 | 167´049 km/h | 3. novembro | ||
7 | 1969 | Denny Hulme | McLaren-Ford | 1:54:08,800 h | 5´000 km | 65 | 170´833 km/h | 19. outubro | ||
8 | 1970 | Jacky Ickx | Ferrari | 1:53:28,360 h | 5´000 km | 65 | 171´848 km/h | 25. outubro | ||
9 | 1986 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 1:33:18,700 h | 4´421 km | 68 | 193´306 km/h | 12. outubro | ||
10 | 1987 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:26:24,207 h | 4´421 km | 63 | 193´411 km/h | 18. outubro | ||
11 | 1988 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:30:15,737 h | 4´421 km | 67 | 196´898 km/h | 29. maio | ||
12 | 1989 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:35:21,431 h | 4´421 km | 69 | 191´941 km/h | 28. maio | ||
13 | 1990 | Alain Prost | Ferrari | 1:32:35,783 h | 4´421 km | 69 | 197´664 km/h | 24. xuño | ||
14 | 1991 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:29:52,205 h | 4´421 km | 67 | 197´757 km/h | 16. xuño | ||
15 | 1992 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:31:53,587 h | 4´421 km | 69 | 199´176 km/h | 22. marzo | ||
16 | 2015 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:42:35.038 h | 4´304 km | 71 | 178´597 km/h | 1. novembro | ||
17 | 2016 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:40:31.402 h | 4´304 km | 71 | 182´259 km/h | 30. outubro | ||
18 | 2017 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:36:26.552 h | 4´304 km | 71 | 189´971 km/h | 29. outubro | ||
19 | 2018 | Max Verstappen | Red Bull - TAG Heuer | 1:38:28.851 h | 4´304 km | 71 | 186´039 km/h | 28. outubro | ||
20 | 2019 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:36:48,904 h | 4´304 km | 71 | 189´240 km/h | 27. outubro | ||
– | 2020 | Suspendida pola pandemia de COVID-19 | ||||||||
21 | 2021 | Max Verstappen | Red Bull - Honda | 1:38:39,086 h | 4´304 km | 71 | 185,717 km/h | 7. novembro | Cidade de México | |
22 | 2022 | Max Verstappen | Red Bull - RBPT | 1:38:36.729 h | 4´304 km | 71 | 185,791 km/h | 30. outubro | ||
23 | 2023 | Max Verstappen | Red Bull Racing-Honda RBPT | 2:02:30.814 h | 4´304 km | 71 | 149,657 km/h | 29. outubro | ||
24 | 2024 | Carlos Sainz | Ferrari | 1:40:55.800 h | 4´304 km | 71 | km/h | 27. outubro |
Récords
Piloto: Max Verstappen (3) • País: Reino Unido (8) • Construtor: Lotus/McLaren/Mercedes/Williams/Red Bull (todos 3) • Motor: Honda (5) • Pneus.: Goodyear (8)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "FORMULA 1 GRAN PREMIO DE MÉXICO 2015". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2015.
- ↑ "México tendrá gran premio ya para 2013". MARCA.com. Consultado o 30-5-2012.
- ↑ "2014 Calendar draft has 21 races including Mexico". f1fanatic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 5-9-2013.
- ↑ "World Motor Sport Council 2014 - Doha". FIA. 3 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2014.
- ↑ "Mexican circuit designed by a student will be examination for Mercedes". The Guardian. 26 de outubro de 2019. Consultado o 27 de outubro de 2019.
- ↑ Holding, Joe (7 de abril 2021). "High-downforce tracks vs power tracks in F1 – differences explained". Autosport. Consultado o 7 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Autódromo Hermanos Rodríguez |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 20 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- Autódromo Hermanos Rodríguez Page - GrandPrix.com