Autobiografía
narración dunha vida ou parte dela, escrita pola persoa protagonista
A autobiografía[1] é un xénero literario consistente no relato da propia existencia.
Exemplos
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Na literatura galega existen diversas obras de carácter autobiográfico, como Arredor de si de Otero Pedrayo en que o escritor se converte en testemuña dunha época e dun colectivo, amosando a evolución ideolóxica da Xeración Nós. Respecto á guerra civil española, teñen carácter autobiográfico as obras Scórpio de Ricardo Carvalho Calero, O siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte de Antón Alonso Ríos, O cego de Pumardedón de Francisco Fernández del Riego ou Non agardei por ninguén de Ramón de Valenzuela. Xa no século XXI, obras autobiográficas son Diario dun enterro de Gonzalo Hermo ou Diario dun confinamento de Xosé Carlos Carracedo Porto.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para autobiografía.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |