Axencia Estatal de Meteoroloxía

axencia meteorolóxica española

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) é unha Axencia Estatal de España, cuxo obxectivo básico é a prestación de servizos meteorolóxicos, que sexan competencia do Estado. Foi creada por Real Decreto 186/2008 de 8 de febreiro de 2008 (Boletín Oficial do Estado n.º 39 de data 14 de febreiro de 2008), substituíndo ao antigo Instituto Nacional de Meteoroloxía. Está adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Secretaría de Estado de Medio Ambiente.

Axencia Estatal de Meteoroloxía
Logo
AcrónimoAEMet e AEMet
Tipogovernment agency e serviço meteorológico
Área de operaciónEspaña
Data de fundación12 de agosto de 1887
Organización matrizMinisterio para a Transición Ecolóxica
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.aemet.es/
Facebook: AgenciaEstatalMeteorologia Twitter: AEMET_Esp Youtube: UCd-ceYPisAtCmmoZa26I-5g BNE: XX4736057 Dialnet: 3915678 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Segundo o Decreto de creación ten personalidade xurídica pública, patrimonio e tesouraría propios, e autonomía de xestión dentro dos límites estabelecidos pola Lei de Axencias Estatais.

Ademais de exercer a autoridade meteorolóxica, representa a España perante os organismos internacionais de meteoroloxía, que fundamentalmente son a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), a Organización Europea para a Explotación de Satélites Meteorolóxicos (EUMETSAT), e o Centro Europeo de Previsións Meteorolóxicas a Prazo Medio (CEPMPM).

Historia

editar

O antecesor desta axencia foi, como quedou dito, o Instituto Nacional de Meteoroloxía (INM), que era o organismo ficial da Administración do Estado responsábel de dirixir, xestionar e planificar todo tipo de tarefas meteorolóxicas de calquera natureza no ámbito nacional de España. O INM ten a súa orixe no ano 1887 cando, mediante un Real Decreto en tempos da raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, creouse o Instituto Central Meteorolóxico, un pequeno organismo encargado de recompilar os datos dos diferentes observatorios meteorolóxicos. Case un século antes, o tempo xa era unha preocupación no terrritorio español, pois as primeiras observacións meteorolóxicas datan da primeira metade do século XVIII.[1]

Desde o punto de vista galego, e da muller, ccómpre salentar que a científica e meteoróloga galega Pilar Sanjurjo Carro, experta en predición marítima, accedeu mediante unha oposición ao Corpo Facultativo de Meteorólogos (hoxe denominado Corpo de Meteorólogos do Estado) e que, xunto a Dolores Parra, foron as primeiras mulleres que, despois da Guerra Civil, accederon por oposición libre a este corpo. Sanjurjo, tras o seu paso pola TVE (foi a primeira muller en poñerse diante das cámaras para realizar a predición do tempo),[2] incorporouse ao Instituto Nacional de Meteoroloxía, no que desempeñou o cargo de xefa de quenda do Centro Nacional de Predición até a súa xubilación a principios dos aons 2000.[3]

  1. Instituto Nacional de Meteorología en eltiempo.es. Consultado o 8 de abril de 2022,
  2. Rodríguez, Paco (7 de abril de 2022). "Muere Pilar Sanjurjo, la primera mujer del tiempo de la televisión en España". La Razón. Consultado o 8 de abril de 2022. 
  3. M., D. (7 de abril de 2022). "Muere Pilar Sanjurjo, la primera mujer del tiempo de la televisión española". El Correo. Consultado o 8 de abril de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
INTERN 1
todo 2