Axuda:Introdución á edición con Editor Visual/3
Iniciando o editor
Ferramentas básicas
Ligazóns
Gardar os seus cambios
Crear novos artigos
Resumo
|
O uso do menú ligazón abre un cadro de diálogo que permite buscar ligazóns internas dentro de Wikipedia. Premendo ↵ Entrar ou o botón "Feito" fai que o vínculo apareza na páxina.
As ligazóns externas (a outras páxinas web) poden crearse usando a lapela "Sitio externo" e introducindo a URL na caixa. Nos artigos débense inserir unicamente na sección Ligazóns externas, na parte inferior da páxina. (Para inserir unha URL como soporte dunha referencia, visite a guía sobre referencias)
|