Axuda:Procurar
A Wikipedia posúe un potente motor de procuras integrado na súa interface, que serve para localizar contidos nas páxinas da enciclopedia dun xeito máis doado e preciso ca mediante buscadores externos coma Google ou Yahoo!.
A caixa de procuras atópase na parte superior de todas as páxinas. Se escribes o título exacto dun artigo, a procura conducirate ata el; se non fose así, verás unha lista cos resultados máis relevantes de acordo coas palabras clave que escribises.
A ligazón directa ata a interface avanzada é Especial:Procurar.
Características do motor de procuras
editarO motor de procuras interno é capaz de procurar nos títulos de páxinas e contidos e categorías e espazos de nomes específicos. Tamén podes limitar unha procura a páxina con palabras en concreto; ademais, o motor soporta a busca de palabras por aproximación. Ao presentar os resultados, aparecerán as ligazóns máis relevantes segundo as palabras clave empregadas.
A procura non diferenza entre maiúsculas e minúsculas e non hai problema por esquecer os acentos gráficos, as diéreses e outros caracteres especiais á hora de que o motor de procuras mostre os resultados.
Ademais, tamén existen estoutras características para refinar as procuras:
- Frases entre aspas: Podes realizar procuras de frases encerradas entre aspas para restrinxir máis a busca.
- Procura booleana: Por defecto, aplícase "AND" a todos os termos de busca, como en todos os buscadores. Tamén se poden empregar parénteses e "OR". Por exemplo, windows OR sistema, e a combinación, microsoft (windows OR sistema) (cómpre ter en conta as maiúsculas).
- Exclusión: Pódense excluír termos co símbolo "-". Este xeito de pescuda é útil para atopar palabras con faltas de ortografía. Por exemplo, xuizo -xuízo (non hai espazo entre "-" e o termo a excluír).
- Procuras comodín: Os comodíns (caracteres que ocupan a posición doutros descoñecidos ou que non se especifican) pódense empregar como prefixos ou sufixos. Por exemplo, a pescuda "*stán" dará como resultados artigos como Kazakhstán e Afganistán.
- Procura por aproximación: Se engades un til (~)[1] ao final dunha palabra da procura, o motor de buscas tratará de atopar palabras cunha ortografía semellante. Por exemplo, se buscas james~ watt~ a pescuda identifica a James Watt, a James Wyatt e mais a James Watts como os primeiros tres resultados.
Notas
editar- ↑ O til pode escribirse premendo: Alt+1,2,6.
Volver á páxina de axuda. |