Ayaan Hirsi Ali

feminista e autora somalí

Ayaan Hirsi Ali, nada como Ayaan Hirsi Magan en Mogadixo o 13 de novembro de 1969, é unha activista, escritora, política e feminista atea somalí-holandesa-estadounidense, que é coñecida polos seus puntos de vista críticos do islam e a defensa dos dereitos e da autodeterminación das mulleres musulmás. Oponse activamente ós casamentos forzados, ós crimes de "honra", ós casamentos infantís e á mutilación xenital feminina. Filla do político somalí e líder da oposición Hirsi Magan Isse, ela é unha das fundadoras da organización de defensa dos dereitos das mulleres AHA Foundation.[1]

Modelo:BiografíaAyaan Hirsi Ali

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Mogadixo, Somalia Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara de Representantes dos Países Baixos
30 de xaneiro de 2003 – 16 de maio de 2006 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, xornalista, científica, guionista, activista, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular para a Liberdade e Democracia (pt) Traducir (2002–2006)
Partido do Trabalho (pt) Traducir (2001–2002) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNiall Ferguson (2011–) Editar o valor en Wikidata
PaiHirsi Magan Isse Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webayaanhirsiali.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1748263 TV.com: people/ayaan-hirsi-ali
Facebook: AyaanHirsiAli Twitter: Ayaan Instagram: ayaanhirsiali BNE: XX1771890 Musicbrainz: 274366ff-1f26-4306-91d6-706810e1ce2c Songkick: 3219156 Discogs: 3585479 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Cando tiña oito anos, a súa familia deixou Somalia e marchou cara a Arabia Saudita, despois a Etiopía, e acabaron por se instalar en Kenya. Pediu e obtivo asilo político nos Países Baixos en 1992, en circunstancias que máis tarde se tornaron o centro dunha controversia política. En 2003 foi elixida membro da Cámara dos Representantes (cámara baixa do parlamento holandés), representando o Partido Popular para a Liberdade e Democracia (VVD). Unha crise política en torno á posible eliminación da súa cidadanía holandesa levona a renunciar ó parlamento, e supuxo indirectamente a caída do segundo despacho Balkenende en 2006.[2]

Hirsi Ali era unha musulmá devota que abandonou a súa fe e se converteu en atea cunha forte crítica do islam.[3] En 2004, colaborou, escribindo o guión dunha curtametraxe con Theo Van Gogh, titulado Submisión,[4] un filme que retrataba a opresión das mulleres baixo a lei islámica. O filme provocou moitas controversias e ameazas de morte. Van Gogh foi asasinado máis tarde aquel ano por Mohammed Bouyeri, un terrorista islámico marroquí-holandés. Hirsi Ali mantén que  "o islam é parte relixión, e parte doutrina político-militar, e a parte que é unha doutrina política contén unha visión de mundo, un sistema de leis e un código moral que é totalmente incompatíbel coa nosa Constitución, as nosas leis, e o noso modo de vida."[5] Tendo anteriormente argumentado que o islam estaba alén da reforma, no seu máis recente libro Heretic (2015), apela a unha reforma do islam derrotando os islamitas e apoiando os musulmáns reformistas.[6]

En 2005, ela foi nomeada pola revista Time como unha das 100 persoas máis influentes do mundo.[7] Tamén recibiu varios premios, inclusive un premio de liberdade de expresión do xornal danés Jyllands-Posten, o Premio Democracia do Partido Liberal Sueco,[8] e o Premio Coraxe Moral de compromiso coa resolución de conflitos, ética e cidadanía mundial.

Vida persoal

editar

Casou co historiador británico e comentarista público Niall Ferguson. Conseguiu a cidadanía dos Estados Unidos o 25 de abril de 2013.[9]

  1. Sítio oficial da AHA Foundation. (en inglés) Páxina visitada o 13 de novembro de 2013.
  2. Castle, Stephen (28 de xuño de 2006). The Independent, ed. "Dutch U-turn over passport for Somali-born MP". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 13 de novembro de 2013. 
  3. American Atheists, ed. (30 de xullo de 2014). "Islam Critic, Women’s Advocate Ayaan Hirsi Ali To Be 2015 Convention Keynote". 
  4. Dutch News Digest (Arquivado en WayBack Machine), ed. (30 de agosto de 2004). "Hirsi Ali on Film over Position of Women in Koran". Archived from the original on 20 de marzo de 2012. Consultado o 30 de maio de 2018. 
  5. "Ideology and Terror: Understanding the Tools, Tactics, and Techniques of Violent Extremism". U.S. Senate Committee on Homeland Security & Governmental Affairs. 14 de xuño de 2017. 
  6. Anthony, Andrew (27 de abril de 2015). The Guardian, ed. "Heretic: Why Islam Needs a Reformation Now by Ayaan Hirsi Ali – review". 
  7. Manji, Irshad (18 de abril de 2005). Time, ed. "The 2005 TIME 100: Ayaan Hirsi Ali". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  8. Smedjan.com (ed.). "Kommentarer". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  9. Ali, Ayaan Hirsi. wsj.com, ed. "Swearing In the Enemy". Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  NODES
dada 3
dada 3
Done 1
News 1
orte 2
reformation 2