Baía da Concha
A baía da Concha (en éuscaro: Kontxako badia) é unha pequena baía situada na costa española do mar Cantábrico, fronte á cidade de Donostia. Como indica o seu nome posúe forma de cuncha, e alberga dúas praias (Ondarreta e La Concha) e unha illa, a illa de Santa Clara.
Tipo | baía | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Donostia, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | |||
Orixe xeolóxica
editarA baía ocupa o espazo comprendido entre os montes Igeldo (oeste) e Urgull (este). Segundo estudos xeolóxicos, a primitiva baía abarcaba desde o monte Igeldo ata o monte Ulía, que pecha a praia de Zurriola polo leste, xa que o actual monte Urgull puido ser, con toda probabilidade, unha illa. Desta forma, a primitiva baía, cunha liña de praia de máis de 3000 metros de lonxitude, abarcaba as tres praias da cidade e dúas illas. Posteriormente, e cos sedimentos acumulados na desembocadura do río Urumea, formouse un pequeno istmo que uniu a illa de Urgull a terra firme, converténdose está nun monte. Así quedou formada a actual baía, cuxa forma de cuncha sería consolidada coa construción do paseo.
Praias
editarA liña de praia da baía ten unha lonxitude aproximada de 2000 metros, dos cales 1400 corresponden á praia da Concha e os 600 restantes á praia de Ondarreta. A distancia aproximada da praia da Concha á illa de Santa Clara é de algo máis de 1000 metros. Debido á súa pecualiar configuración, as augas da baía adoitan ser mansas, aínda que os cambios de marea son frecuentes e afectan en gran medida ao largo das praias, que poden chegar a desaparecer por unhas horas.
Paseo marítimo
editarO paseo marítimo que bordea a baía da Concha está composto de varios tramos con nomes distintos. Comezando polo extremo oriental, nas saias do monte Urgull, o paseo recibe o nome de Paseo Nuevo. Tras este, o paseo discorre polo pequeno porto pesqueiro da cidade, e posteriormente e á altura do edificio do Concello comeza o Paseo da Concha, probablemente o máis famoso de España. Ao longo deste paseo e ata o final da baía atópase a famosa varanda da Concha, deseñada por Juan Rafael Alday e instalada na década de 1910. No Paseo da Concha atópanse os elementos arquitectónicos e ornamentais máis destacados do paseo que bordea a baía: unhas características farolas situadas ao comezo da rampla de baixada á praia da Concha, dous grandes reloxos, os edificios do balneario da Perla e a Real Casa de Baños. Avanzando en sentido oeste alcánzase o Paseo de Miraconcha, que finaliza no Palacio Real de Miramar. O paseo recibe entre Miramar e o Peite do Vento o nome de Paseo de Ondarreta, xunto ao cal hai uns xardíns. O paseo marítimo ao bordo da baía finaliza, como se dixo, no conxunto escultórico de Peite do Vento, deseñado polo escultor donostiarra Eduardo Chillida.