Bab-el-Mandeb (transcrito ás veces Mandab ou Mandib, ou con artigo "el-" coa forma literaria "al-", con ou sen trazos), que significa en árabe "Porta das Bágoas" ou "Porta das Lamentacións" (باب المندب), é un estreito marítimo localizado entre o Iemen, Península arábiga e Djibuti, ao norte de Somalia, no denominado Corno de África, que conecta o Mar Vermello co Golfo de Aden.

O estreito de Bab el-Mandeb segundo foto da NASA
Localización do Bab el-Mandeb nunha rexión mundial ampla

Orixe do nome

editar

O estreito deriva o seu nome dos perigos que agardan aos seus navegantes, ou, segundo unha lenda árabe, polas lágrimas vertidas a causa do sismo que separou Asia e África.

Xeografía

editar

A distancia entre ambas as dúas beiras do estreito é de arredor de 20 millas (30 km), a contar desde Ras Menheli, no Iemen, até Ras Siyan, en Xibouti. A illa de Perim divide o estreito en dúas canles, das cales a oriental, coñecida como Bab Iskender (Porta de Alexandre), ten un ancho de 2 millas (3 km) e uns 30 m de profundidade; entanto a canle occidental ou Dact el-Mayun, posúe un ancho de sobre 16 millas (25 km) e un calado de 310 m. Cerca da costa de Xibouti está situada un grupo de pequenas illotes coñecidos como os "Sete Irmáns". Existe unha corrente superficial cara ao mar Vermello na canle oriental, e por contra unha forte corrente de saída, en profundidade, na canle occidental.

O Bab el-Mandeb é unha ruta estratéxica entre o océano Índico e o mar Mediterráneo , vía mar Vermello e Canle de Suez. No 2006 estimábase que pasaron, en buques-tanques, uns 3,3 m3 de petróleo diarios a través deste estreito, sobre un total de 43 m3/día.[1]

Algúns datos históricos

editar

Consonte hipóteses recentes, o estreito de Bab el-Mandeb foi, posibelmente, testemuña das primeiras emigracións dos humanos modernos que abandonaron África, o que ocorreu hai uns 60 000 anos[2][3] Nesa época o nivel dos mares era moito máis baixo e o estreito era bastante menos profundo, o que facilitou a serie de emigracións que percorreron a costa sur desde Asia.

Segundo as tradicións da igrexa ortodoxa de Etiopía tewahedo, o Bab el-Mendeb veu pasar por el as migracións, cara a África, dos semitas falantes de ge'ez, que tiveron lugar arredor da mesma época que a do patriarca hebreo Xacob[4].

Proxecto de ponte

editar

O 22 de febreiro de 2008, foi anunciado que a compañía propiedade de Tarek bin Laden está a proxectar construír unha ponte, denominada Ponte do Corno, que cruzaría o estreito, ligando Iemen con Djibuti[5]. O comezo das obras sería para o ano 2009.

  1. World Oil Transit Chokepoints, Energy Information Administration, US Department of Energy
  2. Spencer Wells, The Journey of Man
  3. Stephen Oppenheimer. The Gates of Grief Arquivado 30 de maio de 2014 en Wayback Machine.
  4. "Official website of EOTC". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 03 de novembro de 2008. 
  5. BBC NEWS | Africa | Tarek Bin Laden's Red Sea bridge
  NODES
iOS 1
mac 1
os 25
todo 2
web 1