Bacurau norteamericano

O bacurau norteamericano[2] (Chordeiles minor) é unha especie de ave da orde dos caprimulxiformes e familia dos caprimúlxidos propia de América.

Bacurau norteamericano Chordeiles minor

Chordeiles minor en Oregón
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Caprimulgiformes
Familia: Caprimulgidae
Xénero: Chordeiles
Especie: C. minor
(Forster, 1771)
Área de distribución de Chordeiles minor En vermello, área de reprodución. En azul, área de invernada.
Área de distribución de Chordeiles minor
En vermello, área de reprodución.
En azul, área de invernada.

Área de distribución de Chordeiles minor
En vermello, área de reprodución.
En azul, área de invernada.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1771 polo naturalista e pastor luterano alemán de orixe escocesa Johann Reinhold Forster.[3][4]

Sinónimos

editar

Ademais de polo nome actualmente válido a especie coñeceuse tamén polo nome de:

Subespecies

editar

Recoñécense as seguintes subespecies:[3][4]

  • Chordeiles minor aserriensis Cherrie, 1896
  • Chordeiles minor chapmani Coues, 1888
  • Chordeiles minor henryi Cassin, 1855
  • Chordeiles minor hesperis Grinnell, 1905
  • Chordeiles minor howelli Oberholser, 1914
  • Chordeiles minor minor (J. R. Forster, 1771)
  • Chordeiles minor neotropicalis Selander & Alvarez del Toro, 1955
  • Chordeiles minor panamensis Eisenmann, 1962
  • Chordeiles minor sennetti Coues, 1888

Nota taxonómica

editar

O nome específico, minor ("menor"), pode causar confusión. Orixinariamente esta especie encadrouse no xénero Caprimulgus, e é, de feito, máis pequena ca algúns outros membros dese xénero, como Caprimulgus vociferus. Porén, cando se integrou no xénero Chordeiles, resultou ser máis grande que Chordeiles acutipennis.

Características

editar

Os adultos son escuros coa plumaxe castaña, con patróns grises e brancos no dorso e no peito; as ás, longas, son negras e mostran unha barra branca en voo. A cola é escura cunha raia cruzada branca; a parte superior das ás escuras con raia branca.

O macho adulto ten a gorxa branca; a femia ten unha gorxa de cor castaña clara.

Historia natural

editar

Invernan en América do Sur; migran en bandadas. É raro velo en Europa occidental.

O seu hábitat de cría é América do Norte. Normalmente aniñan no chan espido, ás veces en toros de árbores costadas ou en terrazas de area grosa. As femias poñen dous ovos directamente na terra, no hai niño. A incubación realízaa a femia e dura aproximadamente 20 días. O polo xove voa aos 20 días de idade.

Pode haber unha segunda camada na parte do sur dos Estados Unidos.

Capturan insectos ao voo, buscando alimento principalmente cerca da alba e do crepúsculo, ás veces pola noite con lúa chea ou cerca da iluminación das rúas.

A chamada normalmente é curta. O macho realiza un despregue das ás durante o cortexo, mentres emite un son.

  1. BirdLife International (2016): Chordeiles minor na Lista vermellada UICN. Consultada o 2 de xaneiro de 2023.
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. 3,0 3,1 Chordeiles minor (J.R.Forster, 1771) no GBIF. Consultado o 2 de xaneiro de 2023.
  4. 4,0 4,1 Chordeiles minor (J. R.Forster, 1771) na BioLib. Consultada o 2 de xaneiro de 2023.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1