Balea franca do Pacífico
A balea franca do Pacífico [Cómpre referencia](Eubalaena japonica) (Lacépède, 1818), é unha especie de cetáceo misticeto da familia dos balénidos descita en 1818 por Lacépède co nome de Balaena japonica.
Eubalaena japonica Balea franca do Pacífico | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Debuxo de Eubalaena japonica | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Eubalaena japonica Lacépède, 1818 [1] | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Eubalaena japonica
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É unha das tres especies do xénero Eubalaena, as coñecidas como baleas francas, que anteriormente foron clasificadas como unha soa especie,[2] e que son denomiandas así (baleas francas = baleas fáciles de cazar) porque nadan lentamente, son moi confiadas e, cando morren, flotan na auga, o que facilita moito os labores dos baleeiros que as cazaban. Por iso, na nomenclatura internacional, coñécese como balea franca austral.
Características
editarMoi semellante ás outras dúas baleas francas, a balea franca do Pacífico norte distínguese facilmente doutros cetáceos que viven nesta zona polo seu gran tamaño, que pode chegar a 18 m de lonxitud, substancialmente maior que o de Eschrichtius robustus e o de Megaptera novaeangliae.
É a única especie de balea do Pacífico norte que carece de aleta dorsal.
Distribución e poboación
editarA poboacióm sta especie divídese en dúas subpoboacións. Unha se encontra comprendida entre o mar de Okhotsk, as illas Kuriles e a costa da península de Kamchatka. A outra habita nas costas do mar de Bering e o golfo de Alasca.
Os escasos individuos que quedan na actualidade de Eubalaena japonica reprodúcense durante o verán no mar de Okhotsk, ao sueste do mar de Bering, as illas Aleutianas e no norte do golfo de Alasca. Durante o invierno migran cara ao sur (ou, polo menos, migraban antano), até o mar do Xapón, o estreito de Taiwán e as illas Bonin (Xapón), no oeste, e até a Baixa California Sur (México), no leste.[3] Observáronse individuos divagantes nas illas Hawai.[4][5]
Actualmente a especie está en perigo de extinción, xa que os seus efectivos roldan entre os 100 e os 300 individuos. A subpoboación do mar de Bering estaba practicamente extinguida, tan só se vían individuos solitarios. En 1996 víronse por primeira vez 4 individuos xuntos. Desde entón o número de exemplares identificados variou entre 3 e 13. Anos máis tarde mediante análises xenéticas comprobouse o aumento de individuos que pasou dun máximo de 13 a finais do 2002 (de 10 mostras recollidas 9 eran machos), a 17 (10 machos e 7 femias, anteriormente só se localizara unha femia) identificados mediante xenética e fotos, para pasar finalmente no último estudo a 25 animais individualizados. En 2002 encontrouse na zona unha balena co seu baleato, sendo a única femia reprodutora constatada en anos. Todo iso puidera indicar un lixeiro aumento de poboación na zona.[6]
Ameazas
editar- Artigo principal: Caza de baleas.
No século XIX cazáronse uns 15 000 exemplares (e perdéronse outros 4 000) polo que o tamaño da poboación capturada puido superar os 19 000 individuos. A estas cifras habería que sumar as baelas cazadas polas comunidades indíxenas, aínda que estas non deberon supoñer unha gran mingua da poboación.
Despois das grandes campañas de caza que empezaron en 1835, onde se cazaban de forma intensiva baleas de todas as especies, as poboacións de balea franca do Pacífico norte estaban ao bordo da extinción.
Tras estas campañas, a finais do século XX a Comisión Baleeira Internacional decidiu prohibir a pesca comercial das baleas. Non con fins ecolóxicos senón con vistas a que se recuperasen as poboacións para poder volver a cazalas. Despois desta prohibición, o Xapón e a Unión Soviética seguiuron cazando baleas "con fins científicos". Despois da prohibición da caza comercial desta especie, a poboación mostraba signos dunha recuperación lenta. Porén, a poboación remanente practicamente foi exterminada por baleeiros soviéticos que capturaron 372 baleas entre 1963 e 1967 (á parte das capturadas con fins científicos); a maioría delas no sueste do mar de Bering e nunha área ao sur da illa Kodiak. En total, coñécense 742 capturas no último século para "fins científicos" ou comerciais (331 na zona occidental do Pacífico norte, e 411 na rexión oriental).
Estado actual
editarEn 2008 a UICN tendo en conta o pouco que se coñece a situación da especie, e en ausencia de evidencias dunha tendencia á recuperación, considerta que é apropiado, pendente de análises de datos máis recentes, segundo a estimación da dúa abundancia de que hoxe se dispón, que é duns 400 indivudos no mar de Okhotsk e de aproximadamente 100 no resto do Pacífico norte, parecer oportuno cualificala como en perigo.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Eubalaena japonica (Lacépède, 1818) no ITIS.
- ↑ Daquela, clasificábanse como subespecies:
- Eubalaena glacialis glacialis, no Atlántico norte (hoxe, E. glacialis).
- Eubalaena glacialis japonica, no Pacífico norte (hoxe, E. japonica).
- Eubalaena glacialis australis, no Atlántoico sur, Pacífiico sur e Índico sur (hoxe, E. australis).
- ↑ Eubaleaenma japonica en UICN.
- ↑ Herman, L. M., Baker, C. S., Forestell, P. H. and Antinoja, R. C. (1980): "Right whale Balaena glacialis sightings near Hawaii: a clue to the wintering grounds?" Marine Ecology Progress Series 2: 271-275.
- ↑ Rowntree, V., Darling, J., Silber, G. and Ferrari, M. (1980): "Rare sighting of a right whale (Eubalaena glacialis) in Hawaii. Canadian Journal of Zoology 58: 309-312.
- ↑ 6,0 6,1 Reilly, S. B., Bannister, J. L., Best, P. B., Brown, M., Brownell Jr., R. L., Butterworth, D. S., Clapham, P. J., Cooke, J., Donovan, G.P., Urbán, J. & Zerbini, A.N. (2008): Eubalaena japonica na "Lista vermella" da UICN.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Balea franca do Pacífico |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balea franca do Pacífico |
Bibliografía
editar- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Eubalaena japonica en ADW. (en inglés)