Ballblazer
Ballblazer é un videoxogo futurista de deportes e acción creado por Lucasfilm Games en 1984. Foi publicado orixinalmente para Atari 8-bit family, e despois foi adaptado a Atari 5200, Apple II, ZX Spectrum, Amstrad CPC, Commodore 64, MSX, Atari 7800 e Nintendo Famicom. O xogo foi chamado Ballblaster durante o seu desenvolvemento; e as versión piratas deste xogo tamén levaron ese título.[2] O principal creador e programador foi David Levine.[3][4]
Ballblazer | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Lucasfilm Games |
Distribuidora(s) | Atari Epyx Activision |
Director(es) | David Levine |
Deseñador(es) | David Levine Peter Langston David Riordan Garry Hare |
Lanzamento | marzo de 1984[1] |
Xénero | Acción e deporte |
Modos de xogo | Un xogador e dous xogadores |
Plataforma(s) | Atari 8-bit, Amstrad CPC, Apple II, Atari 5200, Commodore 64, MSX, ZX Spectrum, Atari 7800, Famicom |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1990, LucasArts e Rainbow Arts lanzaron un remake e follow-up do xogo, chamado Masterblazer. Este xogo foi publicado para Amiga, Atari ST e MS-DOS. O 31 de marzo de 1997, o remake do título orixinal titulado Ballblazer Champions foi lanzado para PlayStation de Sony.
Notas
editar- ↑ lucasarts.com
- ↑ Rogue Leaders: The Story of LucasArts pg. 54
- ↑ http://www.atarimagazines.com/v3n4/lucasfilm.html
- ↑ http://grokware.com/dl/resume.html