Bandeira de Bélxica

A bandeira de Bélxica (en alemán: Flagge Belgiens, en francés: Drapeau de la Belgique, en neerlandés: Vlag van België) componse de tres bandas verticais iguais de cor negra, amarela e vermella; o deseño vertical baséase na bandeira de Francia, mentres que as cores foron tomadas do escudo do Ducado de Brabante. As proporcións infrecuentes da bandeira (13:15) son de orixe descoñecida.

Bandeira de Bélxica
Bandeira de Bélxica
Características
Uso
Proporción13:15
Adopción23 de xaneiro de 1831
Cores     Negro     Amarelo     Vermello

A bandeira foi adoptada oficialmente o 23 de xaneiro de 1831, logo da independencia belga do Reino Unido dos Países Baixos en 1830. A mesma xogou un rol importante durante a revolución, servindo as súas cores como lembranza dunha vella insignia con bandas horizontais empregada durante unha revolta anterior en 1789, época na que os Países Baixos estaban baixo dominio austríaco.

Outras bandeiras

editar

Bandeiras rexionais

editar

Bandeiras provinciais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1