Barra diagonal
A barra diagonal, barra oblicua[1] ou barra[2] (/) é un signo ortográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua inclinada desde abaixo á esquerda a arriba á dereita.
/ |
---|
Barra diagonal |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Historia
editarA barra diagonal foi creada no século XII polo italiano Boncompagno da Signa para representar unha pausa curta, mentres que a raia representaba unha pausa maior.[3]
Usos
editar- Separar conceptos alternativos: amor/odio.
- Separar masculino e feminino en adxectivos ou substantivos: mozos/as.
- Separar versos dun poema cando non se reproduce igual.
- Nalgúns casos separar cifras, como en leis ou datas.
- Utilízase en lugar do punto en certas abreviaturas: r/, s/n.[1]
- Úsase en Lingüística para encerrar fonemas.[2][4]
Outros usos non lingüísticos
editar- Pódese empregar para separar os elementos dunha data: 17/05/1963.[1]
- No Sistema Internacional de Unidades representa un cociente de magnitudes: km/h.
- En Informática adoita representar enderezos e en linguaxes de programación representa a división.
Matemáticas
editar- Representar fraccións: ½ .
- En expresións relativas a conxuntos lese tales que.[5]
- Úsase para representar un conxunto cociente: G/H.[6]
- Para representar paralelismo úsanse dúas barras diagonais ou ben dúas barras verticais: r//s, r||s.
- Sobre certos símbolos significa “o contrario”, como ≠ (non é igual).
Signo diacrítico
editar- Artigo principal: Trazo (diacrítico).
- A barra diagonal tamén se usa como signo diacrítico.[7] O caso máis habitual é o da letra Ø, usada en varias linguas, como o dinamarqués e o noruegués.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sanmartín Rei, Goretti (2006). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC. pp. 58–59. ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ 2,0 2,1 Pautas para un correcto uso da linguaxe (PDF). Área de Normalización Lingüística - Universidade de Vigo. p. 48. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013.
- ↑ Houston, Keith. "The History of #—and 6 Other Symbols that Rule Twitter (and the Web)". TIME.com. Time. Consultado o 4 de novembro de 2013.
- ↑ Real Academia Galega (2005). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. pp. 11–12. ISBN 84-453-4042-5.
- ↑ Colera, José e outros (2008). Matemáticas I. Bacharelato 1. Anaya. p. 40.
- ↑ Masa Vázquez, Xosé M. (1999). Topoloxía Xeral. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 12. ISBN 84-8121-753-0.
- ↑ Freiberger, Igor. "Slashed O and slash as diacritic". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bouvier, A. (2005). Diccionario Akal de Matemáticas. Madrid: Akal Ediciones. ISBN 84-460-1254-5.
- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.