Basilicata
Basilicata, tamén chamada Lucania, é unha rexión da Italia meridional con preto de 600 000 habitantes. A capital da rexión é Potenza. Basilicata limita ao sueste co mar Xónico (Golfo de Taranto), ao leste coa Puglia, ao oeste coa Campania, ao suroeste co mar Tirreno e ao sur coa Calabria. As cidades principais son Potenza, e Matera (capital da súa provincia), Pisticci, Melfi e Policoro.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Capital | Potenza | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 547.579 (2020) (54,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9.994,61 km² | ||||
Bañado por | Mar Xónico | ||||
Altitude | 633 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Gerardo Magela (pt) | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Basilicata (en) | ||||
• President of Basilicata (en) | Vito Bardi (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Regional Council of Basilicata (en) Circunscrición: 2, (Escano: 21) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IT-77 | ||||
Código NUTS | ITF5 | ||||
Identificador ISTAT | 17 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | regione.basilicata.it | ||||
Xeografía
editarO territorio de Basilicata é sobre todo montañoso (46,8%). O cumios principais do Apenino Lucano son: Pollino (2248 m), Sirino (2007 m), Papa (2000 m), Volturino (1836 m) e Serranetta (1472 m). Na área norteoccidental da rexión áchase un volcán inactivo, o monte Vulture. Os outeiros ocupan o 45,13% e as chairas só o 1,8%, e entre elas a maior é a chaira de Metaponto que ocupa a parte meridional da rexión, ao longo da costa xónica. Os ríos lucanos son torrenteiras, entre a que destaca o Bradano, o Basento, o Agri, o Sinni e o Cavone. Entre os lagos e encoros, o de Monticchio ten orixe volcánica, mentres que os de Pietra del Pertusillo, San Giulano e Monte Cotugno son artificiais, construídos para consumo humano e regadíos. As costas do litoral xónico son baixas e areosas, mentres as do litoral tirrénico son altas e rochosas. O clima é de tipo mediterráneo nas costas e continental nas zonas de montaña.
Poboación
editarA Basilicata divídese en dúas provincias: Potenza e Matera. Os principais núcleos de poboación da Basilicata son:
Posición | Concello | Poboación |
---|---|---|
1° | Potenza | 68 252 |
2° | Matera | 59 738 |
3° | Pisticci (Mt) | 17 810 |
4° | Melfi (Pz) | 17 191 |
5° | Policoro (Mt) | 15 653 |
6° | Lavello (Pz) | 13 672 |
7° | Lauria (Pz) | 13 561 |
8° | Rionero in Vulture (Pz) | 13 413 |
9° | Bernalda (Mt) | 12 183 |
10° | Venosa (Pz) | 12 093 |
11° | Avigliano(Pz) | 12 055 |
12° | Montescaglioso (Mt) | 10 043 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basilicata |