Bastille
Bastille estilizado BΔSTILLE é unha banda do sur de Londres, Inglaterra, formada en 2010. Bastille comezou coma un proxecto en solitario do cantante e compositor Dan Smith, quen máis tarde decidiron formar unha banda. O cuarteto está formado por Dan Smith, Chris 'Woody' Wood, Will Farquarson e Kyle Simmons. O nome da banda provén do día da festa nacional francesa, o 14 de xullo de 1789, a toma da Bastilla durante a Revolución Francesa. Este día tamén é o aniversario de Dan Smith.
Bastille | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 2010 – presente |
Xénero(s) | Rock alternativo, Synth pop |
Selo(s) discográfico(s) | Virgin, EMI |
Membros | Dan Smith David Kendrick Will Farquarson Kyle Simmons Charlie Barnes |
Antigos membros | Chris 'Woody' Wood |
Na rede | |
bastillebastille | |
EMI Music anunciou á banda coma unha das súas novas fichaxes a Virgin Records o 1 de decembro de 2011. O seu primeiro álbum de estudio, "Bad Blood", foi lanzado en 2013 e encabezou as listaxes do Reino Unido.[1]
Carreira musical
editarBastille debutou no mes de xuño de 2011 co seu duplo sinxelo «Flaws»/«Icarus». Foi lanzado polo selo londiniense independente 'Young & Lost Club' ao igual có seu EP Laura Palmer máis adiante en 2011. Logo de obteren unha relativa transcendencia a través de sitios coma MySpace e YouTube, a banda captou a atención tanto do público coma da prensa, despois de seren un grupo de apoio durante o verán de 2011. Posteriormente, presentáronse en varios dos principais festivais do Reino Unido, incluíndo o Festival de Glastonbury, Isle of Wight Festival e Blissfields. Despois de lanzaren o seu álbum debut en 2013, Bad Blood o sinxelo Pompeii alcanzou a segunda posición no Reino Unido e foi número un en Irlanda.[2] En xuño de 2013 foi relanzado o sinxelo «Laura Palmer» alcanzando o número 42 no Reino Unido.[2]
Discografía
editarÁlbums de estudio
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Bad Blood | 2013 | Virgin Records, EMI |
Wild World | 2016 | Virgin Records], EMI |
Doom Days | 2019 | Virgin EMI Records |
Give Me the Future | 2022 | EMI |
"&" | 2024 | Best Laid Plans/EMI |
Sinxelos
- "Flaws"/"Icarus" (2011)
- "Overjoyed" (2012)
- "Bad Blood" (2012)
- "Flaws" (2012)
- "Pompeii" (2013)
- "Laura Palmer" (2013)
- "Things We Lost in the Fire" (2013)
- "Of the Night" (2013)
- "Oblivion" (2014)
- "Torn Apart" (2014)
- "Hangin'" (2016)
- "Good Grief" (2016)
- "Send Them Off!" (2016)
- "Blame" (2016)
- "Glory" (2017)
- "I Know You" (con Craig David) (2017)
- "Quarter Past Midnight" (2018)
- "Happier" (con Marshmello) (2018)
- "Grip" (con Seeb) (2018)
- "Doom Days" (2019)
- "Joy" (2019)
- "Those Nights" (2019)
- "Another Place" (con Alessia Cara) (2019)
- "Can't Fight this Feeling" (con London Contemporary Orchestra) (2019)
Membros
editar- Dan Smith – voces, piano, percusión.
- David Kendrick – batería, coros.
- Will Farquarson – baixo, guitarra acústica, coros.
- Kyle Simmons – teclados, coros.
- Charlie Barnes – guitarra, teclados, coros.
Antigos membros
editar- Chris 'Woody' Wood – batería, coros.
Notas
editar- ↑ tubanda.com.ve: Con El Disco «Bad Blood» Debutará Bastille Arquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine. 9 de marzo 2013
- ↑ 2,0 2,1 "Artist Chart History > Bastille". UK Singles Chart. The Official Charts Company.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bastille |