Batalla de Mulhouse

Batalla de Mulhouse, parte da Batalla das fronteiras
Conflito: primeira guerra mundial, Batalla das fronteiras
Data: Do 7 ao 10 de agosto de 1914
Lugar: Mulhouse, Alsacia
Resultado: Vitoria táctica alemá.
Combatentes
Francia Imperio Alemán
Comandantes
Louis Bonneau Josias von Heeringen
Forzas
VII Corpo francés (45.000 homes) XIV e XV Corpos alemáns (30.000 homes)
Baixas
Estímanse unhas 4000 Estímanse unhas 3000
Batalla das fronteiras (14-24 de agosto de 1914) Batalla de MulhouseBatalla de HaelenBatalla de LorenaBatalla das ArdenasBatalla de CharleroiBatalla de Mons

A batalla de Mulhouse é unha batalla da primeira guerra mundial pertencente á Batalla das fronteiras. O ataque preparouse o día 7 de agosto de 1914 e iniciouse dous días despois. Formaba parte do intento francés por recuperar a rexión de Alsacia, que perdera tras a fin da guerra franco-prusiana en favor do Imperio Alemán.

Forzas de combate

editar

As forzas francesas constaban duns 45.000 homes do I Exército, pertencentes a tres unidades de infantaría (as Divisións 14a, 41a e unha brigada da División de reserva 57a) e a 8a División de Cabalería.

As forzas alemás eran os corpos XIV e XV do VII Exército, dirixido por Josias von Heeringen.

A batalla

editar

A batalla iniciouse cando os soldados franceses tentaron ocupar Alsacia. O día 7 atravesaron a fronteira franco-xermana e avanzaron cara ao interior do Imperio Alemán. Puideron chegar ata Mulhouse, que foi ocupada sen resistencia ningunha. O avance inicial supuxo certo xúbilo en Francia, pero os alemáns organizaron rapidamente un contraataque. Os franceses preparáronse para defender as zonas ocupadas e recibiron reforzos (unha División de reserva). A pesar das novas tropas, o Xeneral Bonneau decidiu retirarse o que ocasionou que fose relevado por orde de Joseph Joffre. Deste modo, os alemáns recuperaron as poboacións perdidas.

A finais de agosto, Joffre enviou á zona catro novas divisións, que constituirían o Exército de Alsacia, que atacou en Lorena e fracasou.

Consecuencias

editar

As baixas francesas foron duns 4000 homes e 3000 no bando alemán. Ademais, supuxo a destitución do Xeneral Bonneau.

  NODES
Done 1