Batalla de Poitiers (732)
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A batalla de Poitiers tivo lugar no 10 de outubro de 732 entre as forzas lideradas polo franco Carlos Martel e un exército musulmán dirixido polas ordes do valí (gobernador) de Al-Andalus Abad ar-Rahman ibn Abd Allah al-Gafiqi, preto da cidade de Tours, na actual Francia. Durante a batalla, os francos (cristiáns) derrotaron o exército musulmán e al-Gafiqi resultou morto.[1] Esta batalla freou a expansión musulmá cara ao norte dende a península Ibérica e é considerada por moitos historiadores coma un acontecimiento de grande importancia histórica, ao impedir a invasión de Europa por parte dos musulmáns e preservar o cristianismo como a fe dominante durante un período en que o islam estaba sometendo gran parte dos territorios do Imperio Romano do Oriente e acabara por conquistar o Imperio persa sasánida, expansión que comezou en 632 tras a morte de Mahoma. As fontes desta batalla son dubidosas, posto que as fontes musulmás de Al-Andalus da época a situaron ao redor do 732 pero a Crónica de 754, cristiá e contemporánea, suxeriu que a batalla se produciu a finais de 733 o 734, probablemente en outubro.[1]
Localización
editarPese á grande importancia asignada a esta batalla, o lugar exacto onde tivo lugar é descoñecido. Moitos historiadores asumen que os dous exércitos se atoparon nun punto onde os ríos Clain e Vienne conflúen entre Tours e Poitiers.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Fuentes de libros - Wikipedia, la enciclopedia libre". es.wikipedia.org (en castelán). Consultado o 2022-01-26.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |