Batedor de globo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Batedor (homónimos).
O batedor de globo[1] é un utensilio de cociña manual empregado para mesturar e bater ovos, mollos e masas de bolos, biscoitos e outros alimentos.
Está formado por varios arames fortes curvados en forma de pinga e presos a un cabo, ou a un arame enrolado nunha espiral aberta. Tamén existen instrumentos destes en plástico.
Este utensilio caeu un pouco en desuso coa invención do batedor eléctrico. Coñécese tamén coma fouet.
Notas
editar- ↑ González González, M. (2012): Dicionario de alimentación e restauración. Xunta de Galicia.