Ben público
Un ben público é un concépto económico, consistente nun ben económico que malia ser de produción custosa, é non rival e non excluínte. Un ben é non rival cando o seu uso por unha persoa en particular non prexudica o uso futuro por outros individuos, e non excluínte cando o seu uso por unha persoa en particular non prexudica o uso simultáneo por outros individuos. Diferéncianse dos bens libres, como o aire limpo, en que estes últimos non son bens económicos.
Na categoría de ben público pódese distinguir o ben común, un tipo particular de ben económico natural ou fabricado polo ser humano, cun tamaño, extensión ou características que fan moi custoso, senón imposible, excluír do seu gozo o uso a potenciais beneficiarios. A diferenza dos bens públicos puros, os bens comúns están suxeitos a problemas de conxestión ou saturación por risco moral.
O problema que entrañan os bens públicos é que o mercado non valora adecuadamente estes produtos e proporciona unha subministración distinta da que sería eficiente, polo que en moitas ocasións hai que empregar procedementos de subministración do ben que salve estas dificultades.
Non rivalidade
editarA rivalidade no consumo dun produto implica que o consumo por parte dun individuo reduce a cantidade dispoñible para outros. Así, se un individuo come un pastel, non queda pastel para ningún outro, xa que xa o comeu.
Principio de exclusión
editarO principio de exclusión está relacionado coa imposibilidade de excluír do consumo dun produto a determinadas persoas. As razóns da imposibilidade poden ser físicas ou económicas. A baixa capacidade de exclusión implica que ou é imposible ou moi caro prohibir o consumo dun ben a outros individuos.
Bens mixtos
editarObviamente, estas definicións teóricas non sempre son aplicables no mundo real, xa que estritamente non hai ningún ben que non poida ser derivado a calquera nivel de consumo mercantil. Porén, os economistas pensan que algúns bens do mundo real se aproximan moito a estas definicións, o suficiente para que estas teñan sentido.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Buchanan, James M.: Demanda y oferta de bienes públicos, 1968. (Libro electrónico en inglés) (en inglés)
- Hardin, Garrett: "La tragedia de los comunes", Gaceta Ecológica, núm. 37, Instituto Nacional de Ecología, México, 1995. Tradución de Horacio Bonfil Sánchez do orixinal: "The Tragedy of Commons" en Science, v. 162 (1968), pp. 1243-1248. (en castelán)
- Stiglitz, Joseph E.: La economía del sector público, Ed. Antoni Bosch Editor, 2003. ISBN 8495348055 (en castelán)
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- La tragedia de los comunes por Garrett Hardin (en castelán)
- Los bienes públicos, Manual básico de Economía de Mercado, en Eumed.net (en castelán)
- "La tragedia de los comunes y la tragedia de los anticomunes: una reinterpretación" por Germán Coloma (en castelán)
- "Bienes públicos: fallo del mercado o coartada del Estado" por Albert Esplugas (en castelán)