O éter de petróleo, tamén coñecido como bencina, nafta VM & P, nafta de petróleo, nafta ASTM ou ligroína, é unha mestura líquida de diversos compostos volatiles, moi inflamables, do grupo funcional dos hidrocarburos saturados ou alcanos, e non á serie dos éteres como erroneamente indica o seu nome. Emprégase principalmente como disolvente non polar.

O éter de petróleo obtense nas refinerías de petróleo como unha parte do destilado, intermedia entre a nafta lixeira e a máis pesada do queroseno[1]. Ten unha densidade relativa comprendida entre 0,6 e 0,8, en función da súa composición. As seguintes fraccións de destilación do éter de petróleo están comunmente dispoñibles como produtos comerciais, en función da súa temperatura de ebulición: 30 a 40 °C, 40 a 60 °C, 60 a 80 °C, de 80 a 100 °C, de 80 a 120 °C e, ás veces, 100 a 120 °C. A fracción 60 a 80 °C emprégase a miúdo como substituto do hexano. O éter de petróleo é empregado principalmente polas compañías farmacéuticas no proceso de fabricación de fármacos. O éter de petróleo componse principalmente de pentano e utilízase ás veces no seu lugar, debido ao seu menor custo. O éter de petróleo non é tecnicamente un éter senón un alcano[2].

A bencina non debe confundirse co benceno. A bencina é unha mestura de alcanos, como pentano, hexano e heptano, mentres o benceno é un hidrocarburo aromático cíclico, de fórmula C6H6. Así mesmo, o éter de petróleo non debe confundirse coa clase de compostos orgánicos chamados éteres, que conteñen o grupo funcional R-O-R'. Tampouco debe confundirse coa gasolina.

Durante a segunda guerra mundial, nalgúns campos de exterminio nazis fixéronse experimentos para matar os prisioneiros con inxeccións de bencina[3].

Variedades

editar

Éter de petróleo 30º-40º

editar

Esta fracción está composta principalmente por pentano e isopentano, e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0 e algunhas das súas propiedades son as seguintes[4]:

Propiedade Valor
Punto de ebulición : 30-40 °C
Punto de inflamación : -56 °C
Temperatura de auto ignición : 285 °C
Límites de explosión (inf./sup.): 1,2 / 7,5 Vol. %
Presión de vapor: (20 °C) 350 hPa
Indicacións de perigo: Extremadamente inflamable
Nocivo
Perigoso para medio ambiente
Símbolos (pictogramas): Xn, F+, N
Frases R: R-12 (extremadamente inflamable), R-38 (irrita a pel), R-48/20 (risco grave por inhalación), R-51/53 (tóxico no medio ambiente acuático), R-62 (risco para a fertilidade), R-65 (risco para organismos acuáticos) e R-67 (somnolencia e vertixe por inhalación de vapores)
Frases S: S-16 (afastar do lume), S-23c (non respirar os vapores), S-24 (non respirar po), S-33 (evitar acumular cargas electrostáticas), S-36/37 (usar indumentaria e luvas de protección), S-61 (non liberar ao medio ambiente) e S-62 (en caso de inxestión, non vomitar)
LC50: 3400 ppm/4h (rata; inhalación)
Test EC50 (mg/l) : Peces = 159 mg/l

Emprégrase como disolvente para diferentes usos de laboratorio, análise, investigación e química fina.

Éter de petróleo 40º-60º

editar

Esta fracción está composta principalmente por pentano e 2-metilpentano. Presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[5]. É miscible con triclorometano.

Éter de petróleo 50º-70º

editar

Esta fracción está composta principalmente por 2-metilpentano, 3-metilpentano e hexano. Presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[6].

Éter de petróleo 60º-80º

editar

Esta fracción está composta principalmente por 3-metilpentano e hexano, e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[7].

Éter de petróleo 65º-95º

editar

Esta fracción está composta por unha mestura de hidrocarburos e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[8].

Ligroína ou éter de petróleo 30-65 °C

editar

A ligroína é unha fracción rica en hidrocarburos saturados, procedente do refinado de petróleo, similar ao éter de petróleo e utilizada principalmente como disolvente de laboratorio. Está composta fundamentalmente de cadeas carbonadas entre 7 e 11 átomos de carbono, cunha proporción aproximada de 55% de parafinas, 30% de monocicloparafinas, 12% de alquilbencenos e 2% de dicicloparafinas. É un disolvente non-polar con moi baixa forza de elución. O seu número CAS é 8032-32-4. Xeralmente a ligroína de laboratorio ferve entre 60 a 90 °C[9].

Exemplo de composición

editar

Dunha análise cromatográfica mediante unha cromatografía GC-MS para obter o espectro de masas de cada un dos compoñentes principais, obtívose a seguinte táboa.

  • 0,26% (1-alfa,2-beta,4-beta)-1,2,3-trimetilciclohexano.
  • 0,28% 2,4-dimetilheptano
  • 0,41% 3-metiloctano
  • 0,77% trimetilciclohexano
  • 1,08% 1-etil-3-metilciclohexano
  • 0,69% p-xileno
  • 2,66% nonano
  • 0,96% 1-etil-4-metil-ciclohexano
  • 0,35% 1-etil-2-metil-ciclohexano
  • 0,41% 2,4-dimetilhexano
  • 0,88% trans-1-metil-e-(2-properil-)-ciclopentano
  • 1,60% cumeno
  • 1,58% propilciclohexano
  • 1,58% 2,6-dimetiloctano
  • 1,62% 1,4-ciclooctanodiona
  • 0,59% metilciclooctano
  • 4,74% propilbenceno
  • 20,43% 1-etil-3-metilbenceno
  • 0,78% trans-1-metil-4(1-metiletil)ciclohexano
  • 0,89% 1-etil-2,3-dimetilciclohexano
  • 6,66% 1,2,4-trimetilbenceno
  • 14,66% 1,2,3-trimetilbenceno
  • 0,52% 1-metilciclohepteno
  • 10,07% 1-etil-3-metilbenceno
  • 1,27% 4-ciclohexildecano
  • 3,32% idano
  • 0,52% hexilciclopentano
  • 2,11% 1-metil-3-propilbenceno
  • 3,91% 2-etil-1,3-dimetilbenceno
  • 0,94% 1-metil-2-propilbenceno
  • 1,72% 1-etil-2,3-dimetilbenceno
  • 1,30% 1-metil-2-(1-metilletil)benceno
  • 1,41% undecano
  • 0,12% hexadec-1-eno
  • 0,11% eicosano

Referencias

editar
  1. Dupont-Durst, H.; Gokel, George W. (1985). Editorial Reverté, ed. Química orgánica experimental. p. 169. ISBN 842917155X. 
  2. Williamson, Kenneth (2004). Houghton Mifflin Company, ed. Organic Experiments (en inglés) (9th Ed. ed.). Boston, Massachusetts. 
  3. "The Nazi Doctors: Medical Killing and the Psychology of Genocide" (en inglés). Robert Jay Lifton. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2007. Consultado o 1-11-2007. 
  4. Ficha de seguridade do éter de petróleo 30º-40 °C Panreac
  5. Ficha de seguridade do éter de petróleo 40º-60 °C. Panreac
  6. Ficha de seguridade do éter de petróleo 50º-70 °C. Panreac
  7. Ficha de seguridade do éter de petróleo 60º-80 °C. Panreac
  8. Ficha de seguridade do éter de petróleo 65º-95 °C. Panreac
  9. Ficha de seguridade da ligroína Reagents S.A.

Ligazóns externas

editar
  NODES
Experiments 1
mac 3
macOS 1
os 48
todo 1