Berberecho

molusco
Berberecho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Familia: Cardiidae
Xénero: Cerastoderma
Especie: C. edule
Nome binomial
'Cerastoderma edule'
(Linnaeus, 1758[1]
Sinonimia
  • Cardium belgicum De Malzine, 1867
  • Cardium crenulatum Lamarck, 1819
  • Cardium edule Linnaeus, 1758
  • Cardium edule burchanae Girscher, 1938
  • Cardium edule var. batesoni Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1892
  • Cardium edule var. loppensi Mars, 1951
  • Cardium edule var. major Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1892
  • Cardium mercatorium Coen, 1915
  • Cardium nunninkae Lucas, 1984
  • Cardium obtritum Locard, 1886
  • Cardium quadrarium Reeve, 1845
  • Cardium vulgare Da Costa, 1778
  • Cerastoderma edule var. sinicola Lacourt, 1974
  • Cerastoderma nunninkae Lucas, 1984

O berberecho, croque, crica, birbiricho ou chícaro é un molusco da familia dos cardiidae,[2] de nome científico Cerastoderma edule (Linné, 1758).[3] Non se recoñecen subespecies.[2]

Ten as valvas de xeito case circular, posuíndo entre 22 e 28 costelas ben marcadas. Vive soterrado en fondos lamacentos de area fina, próximo á superficie e preto da costa.

Etimoloxía

editar

O termo galego berberecho provén do grego: βέρβερι, ostra das perlas[4].

Descrición

editar

A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta,[5] habitualmente con liñas escuras e presenta de 22 a 28 costelas radiais moi pronunciadas, ásperas e largas, as cales se encontran cruzadas por raias concéntricas e espiñas escamosas.[6] A súa forma é globosa, case triangular e pode chegar a alcanzar os 6 cm.[5]

Distribución e hábitat

editar

Atópase amplamente estendido polo océano Atlántico, desde o mar de Barents e o mar Báltico ao longo da costa atlántica europea até Mauritania, en África occidental, así como no mar Mediterráneo suroccidental, onde é considerado como raro.[7] Encóntrase en fondos cenagosos, areosos e de grava, habitualmente baixo a superficie do fondo.[7]

Comportamento

editar

Reprodúcese por medio de larvas peláxicas, e a diferenza doutras especies da súa familia, é unisexual.[6] No mar do Norte encóntrase xunto ao berberecho verde (Cerastoderma glaucum), pero non se rexistrou hibridación, debido posiblemente á incompatibilidade entre os gametos de ambas especies.[8]

Os berberechos comúns son capaces de dar saltos, apoiándose co seu pé no fondo e estricándoo de golpe poden saír proxectados até medio metro de distancia.[6]

Festas gastronómicas

editar
  1. Jan Johan ter Poorten & Serge Gofas (2011). "Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758)". World Register of Marine Species. Consultado o April 20, 2011. 
  2. 2,0 2,1 Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Cerastoderma edule (TSN 80901)" (en inglés). 
  3. Jan Johan ter Poorten & Serge Gofas (2011). World Register of Marine Species, ed. "Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758)". Consultado o 12 de decembro do 2011.  (en inglés)
  4. http://lema.rae.es/drae/?val=berberecho Etimoloxía e definición do termo berberecho no dicionario da RAE
  5. 5,0 5,1 Padilla Álvarez, F., Padilla, F., Cuesta, A. e Cuesta López, A. E. (2003). Zoología aplicada (en español). Ediciones Díaz de Santos. p. 488. ISBN 9788479785888. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Fechter, R. y Falkner, G. (1993). Moluscos, Moluscos Europeos Marinos y de Interior (en español). Barcelona, España: Ediciones Blume. p. 290. ISBN 84-8076-019-2. 
  7. 7,0 7,1 Food and Agriculture Organization of the United Nations. "Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758)". Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  8. Cognetti, G., Sarà, M. y Magazzù, G. (2001). Biología Marina (en español). Editorial Ariel. p. 619. ISBN 9788434480315. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
orte 3