O Big Crunch (grande implosión) é unha teoría cosmolóxica sobre a fin do universo.

Características

editar

Esta teoría propón que, tralo big-bang, o universo comezou unha fase de expansión (que aínda continúa hoxe), pero que esta expansión comezará a desacelerarse e chegará un punto no que a gravidade será máis forte cá enerxía da explosión e o universo comezará unha fase de contracción.

Durante a fase de contracción, as galaxias comezarían a desplazarse de novo cara ao centro do universo e comezarían a chocar unhas coas outras, inda que as colisións entre estrelas non serían frecuentes debido á gran separación que hai entre elas mesmo dentro das propias galaxias. A temperatura do universo comezaría a aumentar pola proximidade das estrelas e a acumulación de enerxía nun espazo cada vez máis pequeno. As estrelas e estruturas planetarias comezarían a desaparecer non só polas colisións (cada vez máis frecuentes conforme a acumulación de materia sexa maior no centro do universo), se non que a elevadísima temperatura do baleiro acabarían por impedirlles que realicen a fusión nuclear.

Logo destruiríanse os enlaces moleculares, os átomos e os nucleóns, quedando unicamente quarks e fotóns (cando as partículas se atopan a grandes temperaturas non poden formar enlaces de ningún tipo)

Os buratos negros tamén colisionarían e chegaría un punto no que só existiría un único burato negro supermasivo que absorbería toda a materia do universo.

A partir desta teoría, xorde a idea de que o universo é cíclico (ata o punto de que algúns científicos propoñen que, na fase de contracción, o tempo correría en sentido contrario ó da actual fase de expansión), pois ese gran burato negro volvería colapsar orixinando un novo Big Bang e o reinicio do universo, sen variar ningunha das leis físicas.

Pola contra, os científicos descubriron recentemente que o universo non se está contraendo, nin sequera reducindo a velocidade de expansión. Ademais, o descubrimento da enerxía escura (que supón o 73% do total de materia e enerxía do universo, mesmo sen coñecerse aínda abondo) deixa practicamente obsoleta a teoría do Big Crunch, dando lugar a outras coma o Big Freeze ou o Big Rip.

  NODES
Idea 1
idea 1
os 15
todo 1