Coñécese por billa[1] a conxunción dunha chave (dispositivo, xeralmente de metal, polímeros ou de materiais cerámicos, usado para dar paso ou cortar o fluxo de auga ou outro fluído) e dun cano de saída da auga.

Debuxo explicativo dunha billa

Un exemplo de billa ou canela para a auga do fogar coa válvula de asento correspondente, consta de vásteza con rosca e ao final unha arandela grande e grosa de caucho, coiro ou de goma que, ao xirar o mando, pecha o conduto de chegada e desta forma interrompe o paso da auga. Tradicionalmente a peza de peche, chamada frisa, era de coiro. Actualmente son de caucho sintético.

  NODES
todo 1