Os bioplásticos son plásticos derivados de fontes renovables de biomasa, como aceites e graxas vexetais, amidón de millo, amidón de chícharos[1] ou microbiota.[2]

Utensilios de plástico biodegradable
Recheo para embalaxe feita de bioplástico (amidón termoplástico)

Os plásticos comúns, como os plásticos de combustibles fósiles, son produtos derivados do petróleo, polo tanto, causan moitos danos ambientais e producen unha perigosa cantidade de gases de efecto invernadoiro para a vida humana.

Envases de plástico feitos de bioplásticos e outros plásticos biodegradábeis

Algúns bioplásticos están deseñados para seren biodegradables. Os bioplásticos biodegradables poden descomporse tanto en ambientes aeróbicos como anaeróbicos, dependendo de como se fabriquen.

Hai unha variedade de materiais dos que poden estar compostos os bioplásticos, incluíndo: amidóns, celulosa ou outros biopolímeros. As formas máis comúns de bioplásticos son materiais encapsulados, vaixelas, envases de alimentos e algún illante.[3]

Definición da IUPAC

editar

Polímero biobaseado derivado da biomasa ou obtidos de monómeros derivados da biomasa e que, nunha etapa dada de transformación en produtos finais, pódese moldear polo fluxo.

  • O bioplástico é xeralmente usado como o oposto de polímeros derivados de recursos fóseis.
  • O termo bioplástico pode ser enganoso por suxerir que calquera polímero derivado da biomasa é ecoloxicamente correcto.
  • O uso do termo "bioplástico" é desaconsellado. Utilícese a expresión “polímero biobaseado”.
  • Un polímero biobaseado semellante a un polímero petrobaseado non implica ningunha superioridade no que atinxe ao ambiente, a non ser que a comparanza de cada avaliación do ciclo de vida sexa favorable.[4]

Aplicacións

editar

Os bioplásticos biodegradables empréganse tanto en artigos desbotábeis, como envases e utensilios de restauración, como noutros de usos diversos, por exemplo en fundas para teléfonos e interiores de coches. Na electrónica orgánica, búscanse novos plásticos electroactivos con recursos sostíbeis.[5] Os implantes médicos de APA (ácido poliláctico) disólvense no corpo, evitando unha segunda operación. Os filmes compostábeis para agricultura, feitas de polímeros de amidón, poden deixarse nos campos despois do seu uso.[6] Porén, a sostibilidade e menor toxicidade dos bioplásticos respecto aos plásticos estándar está en cuestión.[7]

  1. "Desenvolvimento de membrana de amido de ervilha com propriedades biodegradáveis para aplicações agrícolas". 2008-11-30. Consultado o 2009-11-24. 
  2. Chua, Hong; Yu, Peter H. F.; Ma, Chee K. (1999). "Accumulation of Biopolymers in Activated Sludge Biomass". Applied Biochemistry and Biotechnology (en inglés) 78 (1-3): 389–400. ISSN 0273-2289. doi:10.1385/ABAB:78:1-3:389. (require subscrición (?)). 
  3. Chen, G., & Patel, M. (2012). Plastics derived from biological sources: Present and future: P technical and environmental review. Chemical Reviews, 112(4), 2082-2099.
  4. Vert, Michel; Doi, Yoshiharu; Hellwich, Karl-Heinz; Hess, Michael; Hodge, Philip; Kubisa, Przemyslaw; Rinaudo, Marguerite; Schué, François (2012-01-11). "Terminology for biorelated polymers and applications (IUPAC Recommendations 2012)". Pure and Applied Chemistry (en alemán) 84 (2): 377–410. ISSN 1365-3075. doi:10.1351/PAC-REC-10-12-04. 
  5. Suszkiw, Jan (dezembro de 2005). "Electroactive Bioplastics Flex Their Industrial Muscle". Consultado o 2011-11-28. 
  6. Ceresana Research. "Ceresana Research – Market Study Bioplastics". Consultado o 2011-08-14. 
  7. Tomé, Alba (2023-09-29). "Lego e a toxicidade dos bioplásticos: por que a túa bolsa de compost pode ser unha fraude". GCiencia. Consultado o 2023-09-29. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
todo 1