Blackrock (filme)

filme de 1997 dirixido por Steven Vidler

Blackrock é un filme australiano dirixido por Steven Vidler que se estreou en 1997. Internacionalmente, é coñecida por ser o primeiro papel importante do actor Heath Ledger.

Blackrock
Ficha técnica
Título orixinalBlackrock
DirectorSteven Vidler
ProdutorDavid Elfick
Nick Enright
Catherine Knapman
IntérpretesLaurence Breuls
Linda Cropper
Heath Ledger
MúsicaSteve Kilbey
FotografíaMartin McGrath
EstreaAustralia 1 de maio de 1997
OrixeAustralia Australia
XéneroSuspense
Na rede
IMDB: tt0118735 Allocine: 38709 Rottentomatoes: m/blackrock Allmovie: v154586 TCM: 453306 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Blackrock é un suburbio onde o surf é moi popular entre os mozos como Jared (Laurence Breuls). Ricko (Simon Lyndon), unha lenda do surf local, retorna tras once meses de viaxe e Jared dálle unha gran "benvida"; sen supervisión e co alcohol de libre acceso, a traxedia chega axiña. Jared é testemuña de que unha rapaza chamada Tracy (Bojana Novakovic) é violada por catro mozos, entre eles o irmán da súa moza, Toby (Heath Ledger), e non fai nada para deter a agresión.

Personaxes

editar

Críticas

editar

O filme xerou bastante controversia e malestar, debido a que está baseada en feitos reais, e fíxose sen o consentimento dos familiares. Ademais, a xente do lugar non permitiu gravar nas localizacións dos feitos xa que o crime era aínda moi recente.[1] Alén desta polémica, a longametraxe xerou boas críticas en Australia, algo que non sucedeu no estranxeiro xa que o asasinato e violación de Leigh Leigh era descoñecido noutros países e o público recibiu o filme como superficial e cliché.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1