Blacksad
Blacksad é unha serie de banda deseñada creada polos autores Juan Díaz Canales (escritor) e Juanjo Guarnido, publicada pola editorial francesa Dargaud. Malia que os dous autores son españois, o público principal de Blacksad está no mercado francés e por iso publican tódolos volumes primeiro en francés. A edición española acostuma publicarse un mes máis tarde.[1]
O primeiro volume Quelque part entre les ombres (literalmente Un lugar entre as sombras) foi publicado en novembro de 2000. O segundo, Arctic-Nation, publicouse no 2003 e o terceiro, Âme Rouge (Alma vermella), no 2005. O cuarto, L'Enfer, Le silence (O inferno, o silencio), lanzouse en setembro de 2010.
Guarnido e Díaz Canales recibiron numerosos premios por Blacksad, incluíndo tres nomeamentos ós Premios Eisner e un premio Angoulême.[2][3][4]
Notas
editar- ↑ "Overview of Blacksad". Guiadelcomic.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2011.
- ↑ "Angoulême International Comics Festival – Prize for Artwork". Toutenbd.com. 20 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 16 de novemebro de 2011.
- ↑ "Sierre International Comics Festival – Prix de la Découverte". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2005. Consultado o 22 de novembro de 2006.
- ↑ Sauriol, Patrick (8 de abril de 2004). "2004 Eisner Award nominees announced". Mania.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007. Consultado o 16 de novemebro de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Black en Guía del Cómic Arquivado 11 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)