Boletus

xénero de fungos

Os boletos[1] ou andoas[2] son cogomelos do xénero Boletus , que inclúe máis de 100 especies. Este xénero foi definido e descrito orixinalmente por Elias Magnus Fries en 1821, agrupando a todos os fungos que presentan himenio con poros. Posteriormente foron definíndose outros xéneros cuxas especies incluían esta característica, como Tylopilus, descrito por Petter Adolf Karsten en 1881. Así mesmo, readoptáronse ou redefiníronse xéneros xa en desuso, coma Leccinum. Moitas veces o termo boleto emprégase para dar nome a todos os cogomelos comestíbeis da división Basidiomycota[3] e Ascomycota. Mentres os cogomelos velenosos son coñecidos coma pans de becha ou cacaforras.

Algunhas das especies que outrora se clasificaban neste taxon foron posteriormente situadas noutros xéneros, como ocorre coas especies Leccinum scabrum, Tylopilus felleus, Chalciporus piperatus ou Suillus luteus (Andoa anelada).

Etimoloxía

editar

O nome do xénero deriva do latín bōlētus, "cogomelo", e do grego antigo βωλιτης,[4] que provén á súa vez de bōlos/βωλος, "vulto" "morea" ou "fato".[5] Galeno de Pérgamo (130-200) mencionaba nos seus escritos aos βωλιτης, aínda que se pensa que facía referencia á apreciada raíña (Amanita caesarea), que non está ligada co xénero Boletus.[6]

O nome galego andoa é de orixe escura, mais pode vir do éuscaro onddo (boleto).

Comestibilidade

editar
 
Boletus edulis

Moitas especies do xénero Boletus son comestíbeis e apreciados en gastronomía, sendo a máis coñecida Boletus edulis. Tamén son apañados para o consumo os cogomelos de andoa escura (B. badius), B. aereus e outras especies. Outras, coma B. calopus, teñen sabor amargo ou desagradábel e non se consideran fungos comestíbeis.

Algunhas guías de fungos recomendan evitar todos os Boletus que presentan poros avermellados, porén, B. erythropus e B. luridus son comestíbeis logo de seren convenientemente cociñados.

A inxesta de cogomelos velenosos a miúdo produce síntomas gastrointestinais. No xénero Boletus illouse unha glicoproteína citotóxica chamada bolesatina. En 2007, atopouse un compoñente semellante —chamado, en inglés, bolevenine—, na especie velenosa Boletus venenatus, da China.[7] Téñense documentado mortes por inxesta de Boletus pulcherrimus. En 1994, unha parella desenvolveu síntomas gastrointestinais despois de comer cogomelos desta especie, faleciendo o home. A autopsia revelou infarto intestinal.[8] O boleto de Satanás (Boletus satanas) tamén ten má fama coma fungo velenoso, aínda que non se coñecen casos de morte por mor do seu consumo. Illouse tamén muscarina nalgunhas especies, aínda que a súa cantidade é farmacoloxicamente insignificante e só causa síntomas menores.

Especies

editar

Algunhas especies en Galiza

editar

Listaxe máis completa e comestibilidade

editar

A listaxe a seguir recolle algunhas das especies de andoas (Boletus), cunha guía tentativa de toxicidade e apetibilidade.

  •   Moi recomendado
  •   Recomendado
  •   Desagradábel, incomíbel
  •   Descoñecido, abterse
  •   Psicoactivo, perigoso
  •   Tóxico


  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boleto.
  2. Fonte: VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela/ Deputación de Lugo
  3. "Micorrizas - um bom negócio entre plantas e fungos". Naturlink (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 18 de Abril de 2012. 
  4. Simpson, D.P. (1979). Cassell's Latin Dictionary (5 ed.). Londres: Cassell Ltd. p. 883. ISBN 0-304-52257-0. 
  5. Liddell, Henry George & Robert Scott (1980). A Greek-English Lexicon (Ed. Abridged). RU: Oxford University Press. ISBN 0-19-910207-4. 
  6. Ramsbottom J (1953). Mushrooms & Toadstools. Collins. p. 6. ISBN 1-870630-09-2. 
  7. Matsuura; et al. (marzo de 2007). "Bolevenine, a toxic protein from the Japanese toadstool Boletus venenatus". Phytochemistry (en inglés) 68 (6): 893–898. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 25 de setembro de 2013. 
  8. Benjamin (1995). "Red-pored boletes". Mushrooms: poisons and panaceas. A handbook for naturalists, mycologists and physicians (en inglés). Nova York: WH Freeman & Company. pp. 359–360. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  10. 10,0 10,1 10,2 VV. AA. (2012) Vocabulario forestal Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  NODES
todo 4