Bolsa de suicidio
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2018) |
Unha bolsa de suicidio, chamada tamén bolsa de saída, é un dispositivo que consiste nunha bolsa de plástico cun cordón, utilizado para efectuar suicidios.
Características
editarEn xeral, úsase xunto cun gas inerte, como o helio ou o nitróxeno, o que evita o pánico, a sensación de afogamento e a loita, mesmo en estado de inconsciencia (resposta de alarma hipercápnica), causados pola privación de osíxeno en presenza de dióxido de carbono. Tamén fai que o método de suididio sexa difícil de descubrir se a bolsa e a lata de gas son retirados antes de chegar a morte.[1][2][3]
Menciónase por primeira vez no libro de Derek Humphry Final Exit (1991), onde se describe como unha bolsa de plástico resistente e transparente, cunhas dimensións de 22 X 36 polgadas (560 X 910 mm), que se coloca na cabeza e se asegura "cunha cinta pequena, que se amarra ao redor do colo e se suxeita con velcro nos extremos, ou unha cinta grosa, que se amarra ao redor do colo con velcro cosido nos extremos, ou mesmo [con] lazos que se poidan amarrar con facilidade. Cunha goma elástica grande ou uns pantis ligados ao redor do colo firmemente, pero sen apertar, é suficiente. Non ten que ser completamente hermética".
Notas
editar- ↑ Schön CA, Ketterer T (2007). "Asphyxial suicide by inhalation of helium inside a plastic bag". Am J Forensic Med Pathol 28 (4): 364–7. PMID 18043029. doi:10.1097/PAF.0b013e31815b4c69.
- ↑ Auwaerter V, Perdekamp MG, Kempf J, Schmidt U, Weinmann W, Pollak S (2007). "Toxicological analysis after asphyxial suicide with helium and a plastic bag". Forensic Sci. Int. 170 (2–3): 139–41. PMID 17628370. doi:10.1016/j.forsciint.2007.03.027.
- ↑ Ogden RD, Wooten RH (2002). "Asphyxial suicide with helium and a plastic bag". Am J Forensic Med Pathol 23 (3): 234–7. PMID 12198347. doi:10.1097/01.PAF.0000022963.33157.9B.