Bornos
Bornos é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 8.123 habitantes. A súa extensión superficial é de 55 km² e atópase a 79 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | Bornos (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.559 (2023) (139,18 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 54,31 km² | ||||
Altitude | 182 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Hugo Palomares Beltrán (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11640 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11010 | ||||
Sitio web | bornos.es | ||||
Actualmente, Bornos vive fundamentalmente da agricultura.
Historia
editarOs primeiros restos humanos son do paleolítico inferior ou medio (hai uns 30.000 anos). Existen tamén restos que demostran presenza ibera e romana. As ruínas de Carissa Aurelia permiten coñecer esta época. A cidade de Carissa foi primeiro municipio romano e posteriormente "Cives Romani", con dereito incluso a acuñar moeda propia, durante o mandato de Vespasiano.
A poboación actual foi creada arredor do alcázar do Fontanar. Foi tomada por tropas cristiás a mediados do século XIII. Afonso X o Sabio, entregou a poboación a Per del Castel, cabaleiro gaditano. Logo cambia varias veces de man até que en 1398 vendeuse Bornos, o seu castelo e o seu termo, por 3.000 doblas, ao Adelantado Maior de Andalucía Per Afán de Ribera I. Permaneceu baixo o dominio da Casa de Alcalá até a independencia municipal, sendo a súa vinculación tal que o brasón dos Ribera e o escudo da poboación son idénticos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bornos - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía