Bridgetown
Bridgetown é a capital do pequeno estado-illa de Barbados, sito nas Antillas. A cidade, en sentido estrito, ten uns 7.000 habitantes, mais a poboación da súa área metropolitana acadaba os 96.578 no ano 2006. Situada sobre o mar Caribe, está na parte suroeste da illa, na baía de Carlslile.
Epónimo | Tobias Bridge (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Paróquia (pt) | Saint Michael (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 110.000 (2014) (2.831,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 38.849.821 m² | ||||
Bañado por | Mar Caribe e Constitution River (en) | ||||
Altitude | 1 m | ||||
Creación | 1628 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | barbados.org… | ||||
Xeografía
editarA cidade de Bridgetown e mais a área do Greater Bridgetown ("Grande Bridgetown") ocupan a maior parte da parroquia de Saint Michael, cunha superficie de arredor de 39 km². O centro da cidade era orixinariamente un pantano, que foi drenado e logo reenchido para gañar espazo para o o temperán desenvolvemento da vila.
No corazón de Bridgetown sitúanse o río Constitution e o Careenage, o amplo estuario do mesmo río, que acolle o porto. Este curso de auga fornece de acceso directo o centro a iates medianos e a pequenos botes de recreo. Aínda que pouco profundo, o Careenage divide Bridgetown en dúas partes. Durante a estación das choivas o río Constitution desbórdase na area de Careenage, actuando como zona de descarga das augas das tormentas do interior da illa.
Clima
editarO clima da capital, como o de Barbados, é de tipo tropical. A media das temperaturas mensuais non baixa do 20 °C, aínda que as mínimas extremas poden achegarse até os 16 °C. As medias altas dos meses de verán adoitan superar os 30 °C. As precipitacións medias anuais atinxen 2.896 mm.
Historia
editarA cidade foi fundada polos británicos en 1628 e recibiu o nome de St. Michel. Aínda que a illa estaba nesa altura deshabitada, atoparon restos dunha ponte construída por indios caribes no Careenage, talvez aravacos, vidos probabelmente desde a próxima illa de Santa Lucía. En 1654 os británicos construíron unha nova ponte sobre o Careenage e o lugar pasou a coñecerse como The Town of Saint Michael, para algo máis tarde pasar a denominarse Bridgetown ("a cidade da ponte"), que foi o nome que perdurou.
Bridgetown é a única cidade insular de América do Norte que foi visitada por George Washington. A casa na que morou daquela, coñecida hoxe como George Washington House, forma parte na actualidade da Garrison Historic Area.
Desde 1800 até 1885, Bridgetown foi a residencia habitual do gobernador das Barbados e das denominadas colonias británicas das Illas de Barlovento. Despois de 1885, aínda que seguiu a existir oficialmente o cargo de gobernador, a residencia foi trasladada para Saint George, na illa de Granada.
Economía
editarBridgetown é un importante centro financeiro no Caribe. Ten algún banco propio salientable, como é o Barbados Stock Exchange, pero hai oficinas de coñecidos bancos estranxeiros. Conta tamén coa bolsa de negocios máis importante das Antillas.
Unha das maiores fontes de ingresos é o turismo. Exporta ron, azucre e melaza.
Puntos de interese
editar- A National Heroes Square ("praza dos Heroes", antes Trafalgar Square), coa estatua de Nelson, erguida en 1813, e Fountain Garden.
- O edificio do Parlamento de Barbados.
- A catedral de Saint Michael e a súa praza.
- A igrexa anglicana de St. Mary.
- A catedral católica de St. Patrick.
- A sinagoga xudía.
- Queen's Park.
- O Museo de Barbados.
- O mercado de Cheapside e os seus xardíns.
- A Área Histórica de Garrison.
Comunicacións
editarBridgetown ten diarios desde o Aeroporto Internacional Grantley Adams sito en Seawell, Christ Church, ao que se accede pola estrada ABC.
A cidade comunica coas localidades máis importantes da illa por medio das estradas principais. Hai liñas regulares de autobuses, que saen de puntos distintos da cidade. Hai tamén autobuses públicos urbanos e servizo de taxis.
O movemento polo mar está regulado pola Barbados Port Authority.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Bridgetown |
Ligazóns externas
editar- (en inglés) Páxina oficial da cidade
- (en inglés) Porto de Bridgetown
- (en inglés) Plano de Bridgetown