Brussels Airlines
Brussels Airlines é a aeroliña nacional de Bélxica.[1] Ten a súa base e a súa sede en terreos do aeroporto de Bruxelas e é unha subsidiaria de Lufthansa. É a aeroliña máis grande baseada en Bélxica, operando a preto de 100 destinos de Europa, Norteamérica e África. Realiza tamén servizos chárter, mantemento e adestramento de pilotos e tripulantes. A compañía é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA) e da alianza de aeroliñas Star Alliance.[2]
Brussels Airlines | ||
---|---|---|
IATA SN | OACI BEL | Indicativo BEELINE |
Fundación | 7 de novembro do 2006 | |
Inicio das operacións | 25 de marzo do 2007 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Bruxelas | |
Plan de voo frecuente | Miles & More | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 44 | |
Destinos | 92 | |
Holding | Lufthansa Group | |
Páxina web: brusselsairlines.com |
O seu código da IATA SN é herdanza das súas predecesoras, Sabena e SN Brussels Airlines. Lufthansa mercou o 45% da compañía no ano 2009 e en setembro de 2016 a aeroliña alemá anunciou que mercaría o resto do capital de Brussels Airlines por 2,6 millóns de euros.[3] A operación foi completada en xaneiro de 2017.[4]
Historia
editarPrimeiros anos
editarBrussels Airlines creouse tras a fusión de SN Brussels Airlines (SNBA) e Virgin Express, a primeira creada tras a quebra da anterior operadora nacional de Bélxica, Sabena. O 12 de abril de 2005, SN Airholding, a compañía tras SNBA, asinou un acordo con Richard Branson, dándolle control sobre Virgin Express. O 31 de marzo de 2006 SNBA e Virgin Express anuncioaron a súa fusión nunha única compañía. O 7 de nobembro de 2006 anunciouse o novo nome, Brussels Airlines, nunha conferencia de prensa no aeroporto de Bruxelas. A nova aeroliña comezou a operar o 25 de marzo de 2007.[5] Nalgún momento entre este período, a compañía aérea viuse obrigada a cambiar o seu logotipo de 13 puntos por un de 14 debido a que os pasaxeiros supersticiosos queixáronse del.[6]
O 15 de setembro de 2008 anunciouse que Lufthansa mercaría o 45% das accións de Brussels Airlines coa opción de facerse co 55% restante a partir de 2011. Como parte deste acordo, Brussels Airlines uniríase a Star Alliance.[7][8] Dende o 26 de outubro de 2008, o código OACI combiou de DAT a BEL.
O 15 de xuño de 2009 Brussels Airlines anunciou que a Comisión Europea autorizara a Lufthansa para tomar unha participación minoritaria en Brussels Airlines. Como resultado desta aprobación por parte da Unión Europea, Brussels Airlines foi capaz de unirse a Star Alliance.[9] Lufthansa mercou o 45% da compañía en 2009, e mercou o resto en xaneiro de 2017.[10][11]
Dende o 25 de outubro de 2009 Brussels Airlines vén sendo membro do programa de viaxeiro frecuente de Lufthansa, Miles & More. O 9 de decembro de 2009 Brussels Airlines converteuse no membro 26 de Star Alliance nunha cerimonia na casa do concello de Bruxelas.[12]
O 15 de decembro de 2009 Brussels Airlines anunciou que estaba traballando nunha nova aeroliña rexional na República Democrática do Congo. O nome da aeroliña era Korongo Airlines, a súa principal base estaba en Lubumbashi e comezou a operar en abril de 2012, rematando as súas actividades en 2015.
Desenvolvemento dende 2010
editarO 5 de xullo de 2010 entrou en servizo un quinto Airbus A330-300 coa aeroliña. Brussels Airlines incrementou as súas frecuencias cara Abidjan (ata 6 por semana) e engadiu Accra, Cotonou, Ouagadougou, e Lomé como novos destinos. O 11 de agosto de 2010, Brussels Airlines e o turoperador Club Med anunciaron unha nova colaboración. A partir de abril de 2011, Brussels Airlines transportará o 80 % de todos os pasaxeiros do Club Med fóra de Bruxelas, tanto nas rutas regulares existentes de Brussels Airlines como nas novas rutas chárter operadas por Brussels Airlines. A aeroliña tamén anunciou que alugaría dous avións Airbus A320 a partir de xaneiro de 2011.[13]
O 26 de agosto de 2010 a compañía anunciou o seu novo proxecto de mantemento. O contrato con Sabena Technics para os A330 e Boeing 737 remataba o 1 de xaneiro de 2011 e Brussels Airlines encargaríase dende entón do mantemento dos avións.[14] Para poder facer isto foi necesario o traslado do Edificio 117 ao Hangar 41 do aeroporto de Bruxelas. Así mesmo, 73 persoas de Sabena Technics incorporáronse ao persoal de mantemento de Brussels Airlines.
O 1 de xuño de 2012 Brussels Airlines inaugurou a ruta a Nova York-JFK, operñandoa diariamente cun Airbus A330-300 equipado con interior novo.[15] Esta foi a primeira aeroliña belga en voar a Nova York en 10 anos, despois do colapso de Sabena e Delsey Airlines. Dende o 18 de xuño de 2013 a aeroliña tamén comezou a voar 5 veces por semana a Washington Dulles.[16] Dende abril de 2016 Toronto Pearson tamén foi engadido á súa rede de rutas de América do Norte.[17]
En xaneiro de 2014 Brussels Airlines engadiu 9 destinos estacionais e regresou ao mercado polaco tras varios anos de ausencia. Nese mes tamén confirmou a renovación da súa frota e a retirada dos seus Avro RJ100 cara 2016.[18]
No mes de abril de 2015, Brussels Airlines foi eloxiada pola Casa Branca por continuar coa súa operación normal de voo a países de África occidental durante o brote de ébola, permitindo a entrega de axuda esencial.[19] Todas as outras compañías aéreas, agás Royal Air Maroc, suspenderon os seus voos a Serra Leoa, Liberia e Guinea.[20]
O 22 de marzo de 2016, membrod da organización terrorista Estado Islámico detonaron dúas bombas no aeroporto de Bruxelas, pechando o aeroporto ata o día 27 dese mes. Brussels Airlines pasou algúns dos seus voos de longa distancia a Zúric e Frankfurt e iniciou un servizo lanzadeira de con avións Airbus A319/Avro RJ100 entre Liege/Antwerp e Zúric/Frankfurt, ademais de proporcionar un servizo de autobús dende Bruxelas a Anveres e Liexa dende onde prestaba servizo a destinos europeos. Os voos dende Bruxelas comezarían novamente o día 3 de abril.[21]
En setembro de 2016 Brussels anunciou que a partir de marzo de 2017 comezaría a ofrecer un novo servizo a Mumbai , que comezaría cunha frecuencia de 5 voos semanais operados por Airbus A330.[22] O día 28 dese mes a xunta de supervisión de Lufthansa anunciou que a aeroliña exercería a opción de mercar o restante 55% da compañía matriz de Brussels Airlines, SN Airholding. As modalidades de adquisición definiráinse antes de finais dese ano para realizar a transacción a principios de 2017.[23]
En marzo de 2017, Thomas Cook anunciou a súa intención de vender a súa filial en Bélxica, Thomas Cook Airlines Belgium, que acabaría cesando operacións en outubro dese mesmo ano sendo integrados dous avións e todos os dereitos de tráfico en Brussels Airlines.[24] Brussels Airlines tamén se fixo cargo dos 160 tripulantes de Thomas Cook Airlines.[25]
En febreiro de 2018, o CEO Bernard Gustin e o director financieiro Jan De Raeymaeker dimitiron tras unha reunión coa directiva de Lufthansa sobre o futuro da aerolínea.[26] Gustin foi substituído por Christina Foerster o 1 de abril dese ano.[27] O 1 de maio Dieter Vranckx uniuse á aeroliña comodirector financieiro.[28] En decembro de 2019 anunciouse que Vranckx substituiría a Foerster como CEO a partir do 1 de xaneiro de 2020.[29]
Durante a pandemia de COVID-19 en Bélxican, Brussels Airlines suspendeu todos os voos entre o 21 de marzo e o 21 de abril. Ademais, Brussels Airlines cancelou o seu contrato de arrendamento con CityJet, levando á terminación de oito destinos europeos a raíz da pandemia.[30] A finais de xuño de 2020, Brussels Airlines tamén anunciou que cancelaría varios voos programados para setembro e outubro dese ano.[31]
En novembro de 2021 Brussels Airlines anunciou a revisión do seu deseño corporativo, incluíndo un novo logotipo e unha nova librea.[32]
Frota
editarActual
editarEn decembro de 2023 a frota de Brussels Airlines estaba formada polos seguintes avións:[33]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
B | E+ | E | Total | ||||
Airbus A319-100 | 15 | —[34] | — | — | 141 | 141 | Os avións máis vellos serán retirados e gradualmente substituñidos por Airbus A320neo a partir de 2023.[35]
Un avión ten a librea de Star Alliance. |
Airbus A320-200 | 18 | —[34] | — | — | 180 | 180 | Seis avións pintados con libreas de Iconas Belgas,
e tres coa librea de Star Alliance. |
Airbus A320neo | 2 | 3 | — | — | 180 | 180 | Entregas a partir de novembro de 2023 para substituír aos Airbus A319-100 máis vellos.[35][36] |
Airbus A330-300 | 9 | 2 | 30 | 21 | 242 | 293 | 2 A330-300 máis uniranse á frota en 2024. |
Total | 44 | 5 |
Notas
editar- ↑ Air Transport World (ed.). "Brussels Airlines to wet-lease Superjets". Archived from the original on 17 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ "About". Star Alliance. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ Reuters (ed.). "Lufthansa board approves Brussels Airlines takeover". Archived from the original on 30 de novembro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ Air Transport World (ed.). "Lufthansa acquires Brussels Airlines, to become part of Eurowings". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ Kylie, Nicole (2023-03-25). "16 Years Of Operations: How Today's Brussels Airlines Came To Be". Simple Flying (en inglés). Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "'Unlucky' airline logo grounded" (en inglés). 2007-02-21. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Lufthansa - Press Releases". web.archive.org. 2008-09-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2008. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Brussels Airlines - Press Release Detail". web.archive.org. 2008-09-18. Archived from the original on 18 de setembro de 2008. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Brussels Airlines - Press Release Detail". web.archive.org. 2009-06-26. Archived from the original on 26 de xuño de 2009. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Lufthansa plans Brussels, Air Berlin deals in Eurowings drive". Reuters. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Lufthansa acquires Brussels Airlines, to become part of Eurowings". Aviation Week Network. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Brussels Airlines joins Star Alliance". Brussels Airlines (en inglés). 2009-12-09. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Club Med in zee met Brussels Airlines". De Tijd. Consultado o 22 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Brussels Airlines intends to carry out its own daily maintenance of long-distance fleet". Brussels Airlines (en inglés). 2010-08-26. Consultado o 2024-01-22.
- ↑ "Brussels Airport Website: Brussels Airlines: inaugural flight to New York". web.archive.org. 2014-05-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2014. Consultado o 2024-01-22.
- ↑ "Brussels Airlines - Flights to Washington". web.archive.org. 2013-04-26. Archived from the original on 26 de abril de 2013. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Brussels Airlines invests in intercontinental growth". Brussels Airlines (en inglés). 2015-12-18. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Meer vliegtuigen en bestemmingen Brussels Airlines". vrtnws.be (en neerlandés). 2014-01-29. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Brussels Airlines praised by Washington". vrtnws.be (en inglés). 2015-04-18. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Why One Airline Flies To West Africa Despite Ebola". TIME (en inglés). 2014-10-10. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Brussels attacks: Flights resume at Zaventem airport". BBC News (en inglés). 2016-04-02. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Brussels Airlines starts new Mumbai route on 30 March 2017". Brussels Airlines (en inglés). 2016-09-08. Consultado o 2024-01-25.
- ↑ "Lufthansa Aufsichtsrat gibt grünes Licht für vollständigen Erwerb von Brussels Airlines". Lufthansa Group Investor Relations (en alemán). 2016-09-28. Consultado o 2024-02-08.[Ligazón morta]
- ↑ "Thomas Cook gibt belgisches Fluggeschäft an Lufthansa ab". aero.de (en alemán). 2017-03-30. Consultado o 2024-02-08.
- ↑ "Brussels Airlines to absorb Thomas Cook Airlines Belgium". ch-aviation (en inglés). Consultado o 2024-02-08.
- ↑ McNally, Paul (2018-02-05). "Brussels Airlines staff fear major restructuring". The Bulletin (en inglés). Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Christina Foerster joins Brussels Airlines as new Chief Commercial Officer". Brussels Airlines (en inglés). 2016-09-23. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Dieter Vranckx, new Chief Financial Officer and deputy CEO of Brussels Airlines". Brussels Airlines (en inglés). 2018-03-19. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Brussels Airlines names Dieter Vranckx as new CEO, CCO". Aviation Week Network. Consultado o 2024-02-19.
- ↑ Eiselin, Stefan (2020-04-15). "Brussels kündigt Vertrag mit City Jet". aeroTELEGRAPH (en alemán). Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Thousands of flights cancelled as Brussels Airlines adjusts schedule". www.brusselstimes.com (en inglés). Consultado o 2024-02-19.
- ↑ Eiselin, Stefan (2021-11-16). "Brussels Airlines verpasst sich eine Auffrischung". aeroTELEGRAPH (en alemán). Consultado o 2024-02-19.
- ↑ "Belgian Aircraft Register". es.mobilit.fgov.be. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ 34,0 34,1 "Na topzomer: Brussels Airlines gaat coronasteun al tegen eind dit jaar terugbetalen en dat is veel vroeger dan voorzien" [After peak summer: Brussels Airlines will refund corona support by the end of this year and that is much earlier than expected]. vrt news (en Dutch). 27 de outubro de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ 35,0 35,1 "Brussels Airlines To Take 3 New A320neos In 2023". Simple Flying (en inglés). 2021-06-29. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Brussels Airlines expands A320neo fleet, wet-leases CRJs". ch-aviation. 9 de decembro de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar