Bryan Burk
Bryan "Burky" Burk, nado o 30 de decembro de 1968, é un produtor de televisión estadounidense.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1968 (55 anos) |
Educación | Universidade do Sur de California USC School of Cinematic Arts (en) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, produtor delegado, produtor de cinema, produtor de televisión |
Período de actividade | 1994 - |
Sitio web | bryanburk.com… |
Traxectoria
editarTras graduarse na Escola de Cinema e Televisión da USC, Brian Burk empezou a súa carreira traballando cos produtores Brad Weston en Columbia Pictures, Ned Tanen en Sony Pictures e John Davis na Fox. En 1995, empezou a traballar na serie nomeada a un Emmy James Dean e produciu NFL: A Love Story.
Colaborou con J.J. Abrams e produciu varios dos seus shows de televisión como Alias, Six Degrees, What About Brian e Lost.[1] Xunto a J.J. Abrams tamén produciu a película de 2008 Cloverfield e Star Trek en 2009[2].
Filmografía
editar- Future Shock (1993) (produtor)
- Alias (co-produtor) (39 episodios, 2005-2006) (produtor asociado) (22 episodios, 2003-2004)
- Lost (produtor executivo) (82 episodios, 2004-2008)
- Six Degrees (produtor executivo) (11 episodios, 2006-2007)
- What About Brian (produtor executivo) (10 episodios, 2006-2007) (produtor) (1 episodio, 2007)
- Lost: Missing Pieces (produtor executivo) (13 episodios, 2007-2008)
- Cloverfield (2008) (produtor)
- Fringe (produtor executivo) (4 episodios, 2008)
- Anatomy of Hope (2008) (produtor executivo)
- Star Trek (2009) (produtor executivo)
Notas
editar- ↑ "BryanBurk.com - Official Website". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2008. Consultado o 20 de maio de 2009.
- ↑
- Bryan Burk na IMDb (en inglés).