Bulma (ブルマ Buruma?) é un personaxe da serie de manga e anime Dragon Ball. É unha rapaza que inicia a busca das Bólas do Dragón no primeiro capítulo da serie xa que desexa atopar un mozo. O seu nome provén dunha deformación do inglés Bloomers (ブルマー burūmā?, braga). É a representación do personaxe Xuanzang da lenda chinesa Viaxe ó Oeste.

Ana Lemos ponlle voz na dobraxe galega da serie.

Características

editar

Bulma é o primeiro personaxe de Dragon Ball co que ten contacto Son Goku na súa procura das sete Bólas do Dragón para pedir un desexo. A súa aparencia é a dunha rapaza con cabelo celeste (cor lila no manga), que ó comezo da serie ten 16 anos, é filla do Doutor Brief, un científico de sona mundial fundador da Capsule Corporation e creador das famosas cápsulas Hoi-Poi. Vai na procura das bólas do dragón provista de todo tipo de vehículos e aparellos tecnolóxicos sumamente útiles. Aínda que carece de habilidade para a loita, a súa intelixencia é moi superior a dun ser humano normal, sendo ela a creadora de moitos inventos, como por exemplo o Radar que indica con precisión, a localización das bólas do dragón.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
todo 2