Buxato común

ave de presa propia do Vello Mundo

O buxato común[2] (Buteo buteo) é unha ave de presa propia do Vello Mundo. Recibe tamén os nomes de miñato común, miato,[3] bexato,[4] buxato,[5] lamego[6] ou lamote.[7] O buxato típico acada entre 51 e 57 cm de lonxitude, cunha envergadura de 110 a 130 cm coas ás despregadas, o que o coloca entre as rapaces de tamaño medio. A súa especie espállase pola maior parte de Europa e tamén se estende por Asia. Polo corrente é unha ave que se estaciona todo o ano, excepto nas partes máis frías do hábitat, e máis no caso dalgunhas subespecies. Os buxatos poden chegar a vivir até 20 anos.

Buxato común

Exemplar nos Países Baixos
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Buteo
Especie: B. buteo
Nome binomial
Buteo buteo
(Linnaeus, 1758)
Verde escuro: permanente Verde claro e azul: época de cría e inverno
Verde escuro: permanente
Verde claro e azul: época de cría e inverno

Verde escuro: permanente
Verde claro e azul: época de cría e inverno
Subespecies

7-10, ver texto

Os machos son máis grandes en tamaño e en peso que as femias.

Os buxatos, normalmente, non forman bandos, pero ás veces poden ser vistos xuntos da cando hai movementos migratorios ou nun bo hábitat. O escritor da época vitoriana , William Crossing, estando en Dartmoor, rexistrou que tiña visto, en ocasións, bandos de 15 ou máis buxatos nalgúns sitios.

Esta rapaz de amplas ás, posúe unha boa variedade de plumaxes, de xeito que en Europa pode ser confundido co parecido Buteo lagopus e co invulgar e distantemente emparentado abelleiro europeo (Pernis apivorus), capaz de mimetizar a plumaxe do buxato común para se protexer do azor.

Reprodución

editar

O buxato común constrúe un único niño ben en árbores ou en penas illadas. A femia pón só 2 ou 3 (moi raramente 1 ou 4) ovos no niño, entre marzo e maio. Os ovos son caracteristicamente branco-azulentos con pintas grises ou acastañadas. O chocamento dura, polo normal, 34 días, alternándose, para chocalos, machos e femias. Os peldrachos fican no niño por uns 40 ou 50 días.

Hábitos alimenticios

editar

Cría nos bosques, mais acostuma a cazar en terreo aberto. Aliméntase de pequenos mamíferos, réptiles, batracios, insectos, paxaros, e pode mesmo aceptar a calaza.

Outros nomes en galego

editar

O buxato común, ave abundante na Galiza, coñécese aínda con outros nomes: bexato ou buxato (aínda que bexato é tamén normativo, buxato está quizais máis espallado), queima, tartaraña, ...

Subespecies

editar

As diferentes subespecies de buxatos divídense en varios grupos :

Grupo occidental

editar

O grupo occidental está esencialemente composto de subespecies residentes ou migratorias, mais neste caso só de moi curto radio. Atopamos:

Grupo oriental

editar

Está representado polas subespecies seguintes :

  • B. b. vulpinus : Eurasia. É un migrante de "longa distancia", excepto os inviduos que viven no Himalaia.
  • B. b. japonicus: Xapón.

Grupo africano

editar

As dúas variantes, que viven en illas africanas, poderían pertencer ao primeiro grupo, mais mantéñense como especies distintas logo de ser analizado o seu ADN (Clouet & Wink 2000). Son:

Galería de imaxes

editar
  1. BirdLife International (2013). "Buteo buteo". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miato.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bexato.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para buxato.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamego.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lamote.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1