Círculo megalítico de Drombeg

O Círculo Megalítico de Drombeg (tamén denominado O altar do Druida), é unha das zonas megalíticas de Irlanda que máis visitantes recibe, atópase ao oeste de Glandore, condado de Cork.

Modelo:Xeografía físicaCírculo megalítico de Drombeg
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Cork, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°33′52″N 9°05′13″O / 51.564553, -9.08702
Características
Monumento nacional de Irlanda
Identificador381

Historia e características

editar

Compúñase inicialmente de dezasete menhires de nove metros de diámetro, que datan de arredor do ano 150 a.C. e dos cales a día de hoxe quedan en pé trece. O círculo posúe un par de pedras sendo a máis occidental de 1.9 metros de altura. Así estando esta pedra situada en dirección suroeste a orientación propicia que durante o solsticio de inverno as raiolas do sol sexan proxectadas directamente no altar. Así e todo, malia que o aliñamento das pedras é sen dúbida bo, fáltalle precisión.

Durante uns traballos de campo no ano 1958 co gallo da restauración do monumento, atopouse unha vaixela que contiña os restos incinerados dun mozo. Estudos de mostras con carbono indican que houbo actividade no Sitio arqueolóxico entre os anos 945 e 830 a.C.

A uns corenta metros do círculo poden observarse aínda hoxe os cascallos de pedra do que deberon ser unhas cabanas contiguas de planta circular correspondentes á Idade de Ferro e que posibelmente estiveron en uso até o século V da nosa era.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Noonan, Damien (2001). Castles & Ancient Monuments of Ireland, Arum Press. ISBN 1-85410-752-6

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
admin 1
todo 2