O cóccix[1] ou vértebras coccíxeas[2] é a parte inferior da columna vertebral, articulada co sacro e formada por catro ou cinco vértebras soldadas, na especie humana, e que noutros vertebrados constitúe o esqueleto do rabo. Ao igual có sacro, resulta da fusión de varias vértebras. Neste caso, entre tres e cinco vértebras fusionadas. Só a primeira conserva apófises transversas (ás do sacro) e apófises articulares superiores. O resto de vértebras só posúen os corpos vertebrais fusionados. O tamaño das vértebras coccíxeas vai diminuíndo cara ao extremo inferior.

Articulacións do cóccix

editar

Só se artella na parte superior, co sacro. Esta articulación é case inmóbil, e só presenta pequenos deslizamentos. As superficies articulares son:

  • Apófises articulares inferiores do sacro
  • Apófises articulares superiores do cóccix

Insercións musculares do cóccix

editar

Na superficie posterior poden chegar insercións dos músculos glúteos, que van dende a cadeira ó fémur. Permiten certos movementos da articulación coxo-femoral.

Na superficie anterior insírese o músculo isquio-coccíxeo, que vai dende a espiña ciática do coxal ata a superficie anterior sacra. Forma parte do plano profundo do perineo ou chan da pelve.

Insercións ligamentosas

editar

Insírese o ligamento sacro-ciático menor, que vai do cóccix ó coxal. Tamén se insiren ligamentos de reforzo da articulación sacro-coccíxea: o anterior, o posterior e os laterais. Os nomes xa definen a súa posición anatómica. Non obstante son ligamentos pouco importantes e nin sequera figuran en moitos atlas de anatomía humana.

Funcións do cóccix

editar

Coma todos os ósos, ten función de sostén, mais o cóccix constituíu o esqueleto dun rabo similar ós dos outros primates. A nivel evolutivo perdeu esta función, pero aínda o empregamos para apoiarnos nel ó sentarmos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cóccix.
  2. Nome galego en Vocabulario de medicina, Universidade de Santiago de Compostela/Consellería de Sanidade, 2008; Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2002

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray’s Anatomy of the Human Body
  • Frank H. Netter: Atlas de Anatomía Humana 4ª Edición.

Artigos relacionados

editar
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
Todos 1