Un código penal é un conxunto unitario, ordenado e sistematizado das normas xurídicas punitivas dun Estado, é dicir, as leis ou un compendio ordenado da lexislación aplicábel en materia penal que busca a eliminación de redundancias, a ausencia de lagoas e a universalidade: isto é, que non existan normas penais vixentes fóra do compendio. Os códigos penais son, en certo sentido, a facultade sancionadora do Estado. Desta maneira, o Estado mesmo a través do lexislador, busca evitar a aplicación de penas arbitrarias, xa que só pode ser sancionada penalmente unha conduta cando esta se consigna expresamente no mesmo código penal e coa sanción que este estabelece.

Historia

editar

O primeiro código penal que recolleu os requisitos que, a partir da Ilustración, foron estabelecéndose sobre a forma dun corpo lexislativo moderno, foi o Código Penal francés, da época napoleónica (por iso tamén é denominado Código penal napoleónico), promulgado en 1810 coa finalidade de dar coherencia a un sistema xurídico case indescifrábel pola multitude de normas dispersas que existían. Máis adiante a codificación penal foise estendendo por Europa (sobre todo polos países de Dereito continental) e por todos os territorios baixo os cales estes estados europeos tiñan influencia.

A idea xurídica da existencia de códigos é tipicamente burguesa e liberalista, dado que favorece os intercambios comerciais e de seguridade xurídica. Ademais, no caso do Código penal, permítelles aos cidadáns un maior coñecemento dos delitos, e non ser axuizados por actos delituosos que poderían descoñecer; polo anterior, septica de forma case unánime, e máis tendo en conta que a lei pode limitarse a estabelecer disposicións que modifiquen o código, é unha práctica que dista moito de estar erradicada completamente da práctica lexislativa.

Contemporaneamente, é infrecuente que a totalidade de lexislación penal dun país se atope no código penal, sendo o máis frecuente ter que remitir a leis penais especiais ou a outras leis, non penais, que teñen tamén contido penal; mesmo nos países, como sería o caso de España, que pretenden ter a totalidade da lexislación penal nun código penal, a utilización da técnica lexislativa coñecida como "lei penal en branco" obrigan a complementar a lexislación penal con extrapenal.

Véxase tamén

editar
  NODES
Idea 1
idea 1
todo 3