Calímaco (poeta)
Calímaco (Καλλίμαχος), nado en 310 a.C. e finado en 240 a.C., foi un poeta e erudito, nado en Cirene, descendente dunha familia nobre.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 310 a. C. ↔ 305 a. C. Cirene, Libia |
Morte | c. 240 a. C. Alexandría, Exipto |
Actividade | |
Ocupación | poeta, mitógrafo, poeta elexíaco, epigramatista, bibliotecario, escritor |
Período de tempo | Período helenístico |
Período de actividade | (Con vida en: Primeira metade século III a. C. ) |
Xénero artístico | Neotérico |
Alumnos | Eratóstenes, Aristófanes de Bizancio, Ister of Cyrene (en) e Hermocrates of Iasos (en) |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Traxectoria
editarAbriu unha escola nos suburbios de Alexandría, e algúns dos máis distinguidos gramáticos e poetas foron os seus alumnos, destacándose Apolonio de Rodas[1].
Recibiu de Tolomeo II o encargo de ordenar a biblioteca de Alexandría, cargo que exerceu ata a súa morte. Aínda que nunca o nomearon bibliotecario xefe, foi responsable da produción do catálogo de todos os volumes que figuran na Biblioteca, sendo de tal envergadura a súa tarefa que é considerado o pai dos bibliotecarios (ou polo menos dos catalogadores). A clasificación e ordenación dos autores foi de gran valor para os posteriores estudos bibliográficos e literarios realizados sobre o período clásico.
Obra
editarDa súa obra poética conserváronse algúns fragmentos, seis himnos e 63 epigramas, así como un breve poema épico, Hecale, co que se reafirmou na súa particular concepción da epopea, sobre a cal polemizou con Apolonio de Rodas, discípulo seu.
A súa obra máis coñecida é o poema A cabeleira de Berenice, que chegou a nós, con todo, non na súa versión orixinal, senón a través dunha imitación de Catulo[2].
Calímaco tiña unha especial visión da literatura, o que o sitúa dentro do helenismo como un dos seus máximos expoñentes. Apreciaba a Homero e chegou a consideralo como inimitable; con todo rexeitaba a épica e outros xéneros herdados nos que se intentase por extenso e coa linguaxe pretensiosa da alta poesía desenvolver un argumento unitario e orgánico. A escola de Calímaco era antiaristotélica ao rexeitar a unidade, a perfección e a extensión defendidas por Aristóteles.
Notas
editar- ↑ Biografías y Vidas. "Calímaco". Consultado o 7 de agosto de 2014.
- ↑ Biografías y vidas. "Calímaco". Consultado o 7 de agosto de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calímaco |
A Galicitas posúe citas sobre: Calímaco |
Bibliografía
editar- Calímaco (1980). Himnos, epigramas y fragmentos. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-3549-8.
Ligazóns externas
editar- Ficha de Calímaco no sitio Theoi (búsquese en "3RD CENTURY B.C. - 11"); en inglés.
- Pierre Alexis Pierron: Historia de la literatura grega (Histoire de la littérature grecque, 1850).
- Sobre Calímaco, en francés, no sitio de Philippe Remacle.
- Calímaco: Himnos.
- Texto bilingüe grego - español en PDF; os himnos, a partir da páx. 16 do libro (páx. 17 da reprodución electrónica).
- Texto francés, con comentarios no mesmo idioma, no sitio de Ph. Remacle.
- Calímaco: Epigramas.
- Texto francés, con comentarios no mesmo idioma e táboa que presenta en grego o comezo de cada poema, no sitio de Ph. Remacle. Ed. en París, en 1907.
- Obras de Calímaco no Proxecto Perseus: 1; 2.
- Textos de Calímaco en grego, en Wikisource.