Calendario ático
O calendario ático, en vigor en Atenas na Antigüidade clásica, é o máis coñecido dos calendarios gregos. É de tipo lunisolar.
Os diferentes ciclos
editarO ano ateniense compúñase de 12 meses lunares. Ao principio, cada mes contaba con 30 días. En consecuencia, fíxose un axuste co ciclo lunar, alternando un mes de 29 días (κοῖλοι μῆνες / koĩloi mễnes) e un de 30 días (μῆνες πλήρεις / mễnes plếreis). Isto dá un ano de 354 días, é dicir 11 días menos en relación co ano solar. Para remedialo intercalouse un décimo terceiro mes de 30 días despois de cada segundo ano lunar. É o que se chama un ciclo «trierético». A cada ano de 13 meses chámaselle «embolístico», nome que recibe precisamente do mes que é engadido (mes embolístico).
Como o ano se atopaba en diante demasiado lento en relación co ciclo lunar, aplícase outra corrección no século V a. C., a do ciclo «octaetérico». Neste sistema, o mes intercalar é inserido nun ciclo de oito anos: este período de oito anos, conta con tres anos de trece meses: o terceiro, o quinto e o oitavo ano.
Outros ciclos foron igualmente considerados no curso da historia ateneniense. Así, Metón de Atenas, baixo Pericles, pon a punto un ciclo de 19 anos (ciclo metónico). Calipo de Cícico, no século -IV, inventa pola súa banda o ciclo de 76 anos.
Mes do calendario
editarEsta noción de ciclo, e sobre todo intercalar un mes suplementario, fan imposíbel coincidir de maneira absoluta os meses atenienses e os do calendario gregoriano, utilizado actualmente na maior parte do mundo. En efecto, a diferenza pode ás veces representar un mes enteiro. En cambio, é fácil facer coincidir os meses atenienses coas estacións.
Os nomes dos meses están unidos ás divindades gregas ou ás festas relixiosas. O ano comeza preto do equinoccio de outono.
Nome | Nome grego | Significado | Duración | Equivalente (aprox) | Festas principais |
VERÁN | |||||
hecatombeón | Ἑκατομϐαιών / Hekatombaiốn | «o mes da festa da hecatombe» | 30 días | xullo | festas da Paz, Sinoikía, Panateneas |
metagitnión | Μεταγειτνιών / Metageitniốn | «o mes da festa das mudanzas» | 29 días | agosto | |
boedromión | Βοηδρομιών / Boêdromiốn | «o mes da festa das Boedromias» | 30 días | setembro | |
OUTONO | |||||
pianopsión | Πυανεψιών / Pyanépsiốn | «o mes da festa das Pianepsias » | 30 días | outubro | Epitafias |
memacterión | Μαιμακτηριών / Maimakteriốn | «o mes de Zeus Maimaktês (Impetuoso) » | 29 días | novembro | |
posideón | Ποσειδεών / Poseideốn | «o mes de Poseidón» | 29 días | decembro | Dionisias rurais |
O mes intercalar | |||||
Insérese entre posideón e gamelión. Chámase posideón ΙΙ (δεύτερος ou ὕστερος), dura 30 días, e é máis ou menos equivalente a decembro–xaneiro. Toma o nome de Ἁδριανιών / Hadrianiốn (mes de Adriano) en honra do emperador Hadriano no século II, proba da supervivencia deste calendario na época imperial. | |||||
INVERNO | |||||
gamelión | Γαμηλιών / Gameliốn | «o mes das vodas» | 30 días | xaneiro | Leneas |
antesterión | Ἀνθεστηριών / Anthestêriốn | «o mes das flores », en honra de Dioniso | 29 días | febreiro | Antesterias |
elafebolión | Ἑλαφηϐολιών / Elaphêboliốn | «o mes de Artemisa Elaphêbolos (que persegue aos cervos)» | 30 días | marzo | Dionisias urbanas |
PRIMAVERA | |||||
muniquión | Μουνιχιών / Mounikhiốn | «o mes de Artemisa Muniquia (da cidade de Muniquia)» | 29 días | abril | |
targelión | Θαργηλιών / Thargêliốn | «o mes das Tarxelias, en honra de Artemisa e de Apolo» | 30 días | maio | Tarxelias |
esciroforión | Σκιροφοριών / Skirophoriốn | «o mes das Esciroforias » en honra de Atenea» | 29 días | xuño | Esciroforias |
Os días do mes
editarCada mes suponse que empezaba coa lúa nova. En consecuencia, o primeiro día chámase νουμηνία numênía (‘lúa nova’) e o último, ἔνη καὶ νέα énê kaì néa (‘vella e nova’). Cada mes compúñase de tres décadas :
- μηνὸς ἱσταμένου (ou ἀρχομένου) mênòs histamenu (ou arkhoménu), ‘a década do mes que comeza’;
- μηνὸς μεσοῦντος mênòs mesũntos, ‘a década de metade do mes’;
- μηνὸς φθίνοντος mênòs phthínontos, ‘a década do mes que acaba’.
A última década presenta a particularidade de que os seus días están ao contraxeito.
Díasdelmes
|
1ª década | Días do mes
|
2ª década | Días do mes
|
3ª década (30 días) | 3ª década (29 días) |
1 | νουμηνία / numênía | 11 | πρώτη / prốtê | 21 | δεκάτη / dekátê | ἐννάτη / ennátê |
2 | δευτέρα / deutéra | 12 | δευτέρα / deutéra | 22 | ἐννάτη / ennátê | ὀγδόη / ogdóê |
3 | τρίτη / trítê | 13 | τρίτη / trítê | 23 | ὀγδόη / ogdóê | ἐϐδόμη / hebdómê |
4 | τετάρτη / tetártê | 14 | τετάρτη / tetártê | 24 | ἐϐδόμη / hebdómê | ἔκτη / héktê |
5 | πέμπτη / pémptê | 15 | πέμπτη / pémptê | 25 | ἔκτη / héktê | πέμπτη / pémptê |
6 | ἔκτη / héktê | 16 | ἔκτη / héktê | 26 | πέμπτη / pémptê | τετάρτη / tetártê |
7 | ἐϐδόμη / hebdómê | 17 | ἐϐδόμη / hebdómê | 27 | τετάρτη / tetártê | τρίτη / trítê |
8 | ὀγδόη / ogdóê | 18 | ὀγδόη / ogdóê | 28 | τρίτη / trítê | δευτέρα / deutéra |
9 | ἐννάτη / ennátê | 19 | ἐννάτη / ennátê | 29 | δευτέρα / deutéra | ἔνη καὶ νέα / énê kaì néa |
10 | δεκάτη / dekátê | 20 | δεκάτη / dekátê | 30 | ἔνη καὶ νέα / énê kaì néa | _ |
As estacións
editarTucídides no inicio do Libro II da Historia da Guerra do Peloponeso aclara que o relato está escrito seguindo a orde en que sucederon os diversos acontecementos, por veráns e invernos. O ano estaba dividido en dúas metades, o inverno e o verán. Segundo algúns tradutores e comentaristas da obra tucidídea, o verán abarcaba a primavera e gran parte do outono, e comezaría sobre o 1 de marzo e terminaría o 1 de novembro.[1] Segundo W. K. Pritchett e B. I. van der Waerden, o fin do inverno e o principio do verán era o 6 de marzo (saída vespertina da estrela Arturo) e o fin do verán e comezo do inverno sería o 8 de novembro (posta matutina das Pléiades), datas precisas tomadas do parápēgma de Euctemón.[2]
Notas
editar- ↑ Arnold Wycombe Gomme, A Historical Commentary on Thucydides, Vols.
- ↑ «Thucydidean Time-Reckoning and Euctemon's Seasonal Calendar» en Bulletin de Correspondance Hellénique, 85, 1961, pp. 17-52
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Anatole Bailly, «Table des mois et des jours chez les Grecs», táboa VI, Dictionnaire grec-français, Hachette, 1950;
- Anne-Marie Buttin, La Grèce antique, éd. les Belles Lettres, col. « Guide pratique das civilisations », 2002;
- V. Grumel, La Chronologie, Traité d'études byzantines I, París, 1958.