A calor de cambio de estado é a enerxía requirida por unha substancia para cambiar de fase, de sólido a líquido (calor de fusión) ou de líquido a gasoso (calor de vaporización). Nótese que esta enerxía en forma de calor emprégase para o cambio de estado e non para un aumento de temperatura. Durante a mudanza de fase a temperatura da substancia non varía, aínda que si se modifica o seu estado de agregación. Por exemplo, cando se lle aplica calor ao xeo, este vai aumentado a súa temperatura até que chega a 0 °C (temperatura de cambio de fase), a partir da cal, aínda que lle siga aplicando calor, a temperatura non cambia até que se funda de todo. Isto débese a que a calor emprégase na fusión do xeo. Unha vez fundido o xeo a temperatura volverá a subir até chegar a 100 °C; cando se manterá estable a temperatura até que se evapore toda a auga.

Antigamente usábase a expresión calor latente para referirse á calor de fusión ou de vaporización. Latente en latín quere dicir escondido, e denomínase así porque, ao non notarse un cambio de temperatura mentres se produce o cambio de fase (a pesar de engadir calor), este quedaba como escondido. A idea provén da época na que se cría que a calor era unha substancia fluída denominada calórico.

Esta cualidade utilízase na cociña, en refrixeración, en bombas de calor e é o principio polo que a suor arrefría o corpo.

Cálculo

editar

Para calcular a calor latente dunha substancia L, basta dividir a cantidade de calor Q que a substancia precisa gañar ou perder para mudar de fase pola masa m da mesma. No Sistema Internacional de Unidades (SI), a unidade é kJ/kg (quilojoule por quilogramo). Outra unidade usual é caloría por gramo (cal/g). A calor latente pode asumir tanto valores positivos como negativos. Se for positivo quere dicir que a substancia está recibindo calor, se é negativo, está cedendo calor.

 
  • Usaremos:
    • Lf - para calor latente de fusión.
    • Lv - para calor latente de vaporización.
    • Ls - para calor latente de solidificación.
    • Lc - para calor latente de condensación.

Calor latente dalgunhas substancias

editar
  • Auga:
    • de fusión: 333,9 kJ/kg (79,9 kcal/kg) a 0 °C;
    • de vaporización: 2257 kJ/kg (539 kcal/kg) a 100 °C.
  • Amoníaco:
    • de fusión: 753 kJ/kg (180 kcal/kg) a -77,73 °C;
    • de vaporización: 1369 kJ/kg (327 kcal/kg) a -33,34 °C.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1