O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1973 foi a 24ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 16ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con quince Grandes Premios que se iniciaron o 28 de xaneiro e finalizaron o 7 de outubro.
En 1973, Emerson Fittipaldi e Ronnie Peterson compañeiros de equipo en Lotus competiron entre si, mentres que Stewart compartiu equipo con François Cevert en Tyrrell. Stewart gañou o título de pilotos, pero na última carreira da tempada, o GP dos Estados Unidos en Watkins Glen, Cevert estrelouse durante a clasificación do sábado nas famosas 'eses' e morreu instantaneamente. Stewart e Tyrrell retiráronse da carreira entregando de xeito efectivo o título de Construtores a Lotus. Ao final da tempada Stewart fixo pública a súa decisión de retirarse, unha decisión que xa comunicara antes do Gran Premio dos Estados Unidos.
Os puntos para o Campionato Mundial de pilotos de 1973 outorgáronse da seguinte forma 9-6-4-3-2-1 aos seis primeiros en cada carreira. Contabilizabanse os sete mellores resultados das oito primeiras carreiras e os seis mellores resultados das últimas sete carreiras. Os números sen paréntese son os puntos do Campionato, as cifras entre paréntese son o total de puntos anotados.
↑Contabilizabanse os sete mellores resultados das oito primeiras carreiras e os seis mellores resultados das últimas sete carreiras. Só puntuaba o coche mellor clasificado de cada fabricante, en cada carreira. Os números sen paréntese son os puntos do Campionato, as cifras entre paréntese son o total de puntos anotados.