Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 foi a 70ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Disputouse entre marzo e decembro, o campionato disputouse durante 21 Grandes Premios de Fórmula 1. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. En 2019 tamén estbaa programado que se dispute o Gran Premio nª 1.000 na China.[1][2]
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Liga inferior | Campeonato de Fórmula 2 da FIA de 2019 (pt) |
Número de participantes | 20 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 17 de marzo de 2019 – 1 de decembro de 2019 |
Número de edición | 70 (2019) |
Competición | |
Campionato do Mundo de Construtores | Mercedes |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Lewis Hamilton |
Datos estatísticos | |
Carreires | 21 |
Outro | |
Páxina web oficial | formula1.com… |
Equipos e pilotos confirmados
editarOs seguintes equipos e pilotos participaran no Campionato Mundial de fórmula 1 de 2019:
Equipo | Foto | Construtor | Chasis | Motor | Pneu. | Nº | Pilotos | Roldas | Nº | Pilotos das prácticas libres | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alfa Romeo Racing | Alfa Romeo Racing Ferrari | C38 | Ferrari o64 | P | 7 | Kimi Räikkönen | Todas | — | |||
99 | Antonio Giovinazzi | Todas | |||||||||
Scuderia Ferrari Mission Winnow | Ferrari | SF90 | Ferrari 064 | P | 5 | Sebastian Vettel | Todas0 | — | |||
16 | Charles Leclerc | Todas | |||||||||
Rich Energy Haas F1 Team | Haas Ferrari | VF-19 | Ferrari 064 | P | 8 | Romain Grosjean | Todas | — | |||
20 | Kevin Magnussen | Todas | |||||||||
McLaren F1 Team | McLaren Renault | MCL34 | E Tech 19 | P | 4 | Lando Norris | Todas | — | |||
55 | Carlos Sainz | Todas | |||||||||
Mercedes AMG Petronas Motorsport | Mercedes | F1 W10 EQ Power | Mercedes M10 EQ Power | P | 44 | Lewis Hamilton | Todas | — | |||
77 | Valtteri Bottas | Todas | |||||||||
Sport Pesa Racing Point F1 Team | Racing Point F1 Team Mercedes | RP19 | Mercedes M10 EQ Power | P | 11 | Sergio Pérez | Todas | — | |||
18 | Lance Stroll | Todas | |||||||||
Aston Martin Red Bull Racing | Red Bull Racing Honda | RB15 | Honda RA619H | P | 10 | Pierre Gasly | 1-12 | — | |||
23 | Alexander Albon | 13-20 | |||||||||
33 | Max Verstappen | Todas | |||||||||
Renault F1 Team | Renault | R.S.19 | Renault E Tech 19 | P | 3 | Daniel Ricciardo | Todas | — | |||
27 | Nico Hülkenberg | Todas | |||||||||
Red Bull Toro Rosso Honda | Scuderia Toro Rosso Honda | STR14 | Honda RA619H | P | 10 | Pierre Gasly | 13-20 | 38 | Naoki Yamamoto | ||
23 | Alexander Albon | 1-12 | |||||||||
26 | Daniil Kvyat | Todas | |||||||||
ROKiT Williams Racing | Williams Mercedes | FW42 | Mercedes M10 EQ Power | P | 63 | George Russell | Todas | 40 | Nicholas Latifi | ||
88 | Robert Kubica | Todas | |||||||||
Fontes:[3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14] |
Cambios nos equipos
editar- Red Bull Racing asinou un memorando de entendemento polo que remata a súa asociación de doce anos con Renault para cambiar ás unidades de potencia de Honda.[15] Ao facelo, Red Bull Racing unirase ao seu equipo irmán a Scuderia Toro Rosso no uso de unidades de potencia de Honda logo de que a Scuderia Toro Rosso se unise ao fabricante xaponés en 2018. Ningún equipo será recoñecido como o equipo oficial de Honda.[16]
- Force India anunciou plans para rexistrarse baixo o novo nome do construtor, Racing Point F1 Team equipo que adquiriu Force India Formula One Team durante a tempada de 2018. Intentou cambiar o seu nome para Lola, pero a petición foi rexeitada
- O equipo de Sauber renomeouse como Alfa Romeo Racing, tras un ano da marca de Turín como patrocinador principal
- Os equipos Haas e Williams engadiron o nome do seu patrocinador principal ao nome ofical do equipo.
- Renault deixa o nome Renault Sport Formula One Team e volve a chamarse de novo Renault F1 Team como usou no 2000.
Cambios de pilotos
editarO campionato de 2019 vera varios cambios de pilotos.
- Fernando Alonso retírase da categoría logo de 17 tempadas, pero convértese en piloto de probas para McLaren.[17][18][19]
- Daniel Ricciardo abandona Red Bull Racing para unirse a Renault,[20][21] substituíndo a Carlos Sainz.
- Carlos Sainz que fora cedido a Renault en 2018, non renovou contrato con Red Bull e fichou por McLaren para substituír a Fernando Alonso,[22] sera piloto titular xunto ao que foi o seu compañeiro en 2017 no europeo de Fórmula 3 Lando Norris.
- Pierre Gasly abandona a Scuderia Toro Rosso para substituír a Daniel Ricciardo en Red Bull Racing.
- Lando Norris substituirá a Stoffel Vandoorne (que queda sen asento en McLaren e pasa a competir na Fórmula E co equipo HWA Racelab) vinculado a McLaren.[23][24][25]
- Kimi Räikkönen abandonou a Scuderia Ferrari despois de 5 anos, o seu lugar ocuparano Charles Leclerc. Pasa a Alfa Romeo.
- Charles Leclerc sairá de Sauber logo dun ano co equipo, uníndose a Ferrari onde ocupará o lugar de Kimi Räikkönen.
- Antonio Giovinazzi chega a Alfa Romeo, para ser compañeiro de Kimi Räikkönen.
- Marcus Ericsson queda sen asento en Sauber e convértese no terceiro piloto de Alfa Romeo e piloto das IndyCar Series co equipo Schmidt Peterson Motorsports.[26]
- Daniil Kvyat regresa a Toro Rosso para substituír a Pierre Gasly.
- George Russell, campión de Fórmula 2, será piloto de Williams.[27]
- Os brasileiros Pietro Fittipaldi e Sérgio Sette Câmara serán os pilotos de proba dos equipos Haas e McLaren, respectivamente.
- Robert Kubica regresa á Fórmula 1 con Williams, logo de competir por última vez en 2010, logo de lesionarse gravemente nun rali.
- Esteban Ocon quedou sen asento en Racing Point, e converterase no piloto de reserva e terceiro piloto de Mercedes.
- Alexander Albon únese a Toro Rosso, polo que Brendon Hartley queda sen asento.
- Lance Stroll deixa Williams e únese Racing Point.
- Nicholas Latifi deixa o seu posto de piloto de reserva no equipo Force India (actual equipo Racing Point) e pasa a Williams no mesmo posto.
- Pascal Wehrlein abandona Mercedes para ser piloto de desenvolvemento de Ferrari.
- Guanyu Zhou será piloto de desenvolvemento para Renault.
- Sergey Sirotkin quedou sen asento en Williams e convértese en piloto de probas para Renault.
Cambios a metade de tempada
editarNa preparación do Gran Premio de Bélxica, Red Bull Racing anunciou que Pierre Gasly sería degradado a Toro Rosso e Alexander Albon sería promovido no seu lugar.[28][29]
Cambios na regulamentación
editar- A máxima cantidade de combustible permitida pasará de 105 a 110 kg.
- Non se permitirá queimar aceite extra na clasificación.
- Os aleróns dianteiros e posteriores serán máis anchos e largos, ademais de que estes terán que ser máis simples para evitar que se xere un exceso de aire turbulento e así axudar aos adiantamientos.
- Tras ser opcional no 2018, para esta tempada será obrigatorio o uso dos guantes biométricos para os pilotos.
- Prohíbense os elementos aerodinámicos nos condutos de freos e arredores.
- Limitarase o tamaño dos "bargeboards" para facilitar o patrocinio no lateral do coche.
- Os monoprazas levaran luces de chuvia sobre a á traseira.
- Os regulamentos introduciron un punto de bonificación para o piloto que logre a volta rápida nunha carreira, o construtor do piloto tamén recibira o punto. O punto só se outorga se o piloto se clasifica dentro dos dez primeiros ao final da carreira. 2019 é a primeira tempada desde a tempada de Fórmula 1 en 1959 na que se outorga un punto de bonificación para a volta rápida.[30][31]
Lista de carreiras planificadas
editarOs seguintes grandes premios están programados para disputarse en 2019:
Cambios
editarNormas técnicas
editarNunha tentativa de mellorar os adiantamentos, os equipos acordaron unha serie de cambios aerodinámicos que afectan o perfil das ás dianteiras e traseiras. Espérase que as remodeladas placas laterais do aleron dianteiro alteren o fluxo de aire do coche e reduzcan os efectos da turbulencia aerodinámica. Se espera que a rañura do aleron traseiro se ensanche, facendo que o Drag Reduction System (DRS) sexa máis potente.[34] Os cambios acordados foron extraídos das conclusións dun grupo de traballo creado para investigar os posibles cambios nas normas técnicas en preparación para o campionato de 2021.
Partes dos regulamentos técnicos que rexen a carrozaría cambiarnase a fin de promover oportunidades de patrocinio para os equipos.[35] Os cambios acordados son o mandato de bareboards e limitan o desenvolvemento aerodinámico dos planos das ás traseiras para crear máis espazo para os logotipos dos patrocinadores. Os cambios introducíronse como resposta á caída dos ingresos dos equipos e a loita dos equipos máis pequenos para conseguir novos patrocinadores.
Os topes de combustible requiridos subiran de 105 kg a 110 kg para minimizar a necesidade de que os pilotos conserven combustible durante unha carreira.[36] [N 1] O peso do piloto xa non terase en conta para o peso mínimo do coche. Este cambio acordouse debido a que algúns pilotos víronse obrigados a perder peso en cantidades perigosas para compensar o peso adicional dos motores turbohíbridos logo de 2014.[36] Os pilotos deben pesar polo menos 80 kg, calquera piloto que non chegue a este mínimo levará un lastre para compensar a diferenza. Este lastre situarase ao redor do asento. Os cambios introducíronse para evitar que os pilotos máis pequenos tivesen vantaxe sobre os pilotos máis altos e pesados.[37]
Seguridade dos pilotos
editarA FIA introduciu un novo estándar no deseño dos cascos dos pilotos para mellorar a seguridade. Baixo o novo estándar, os cascos serán sometidos a un rango máis completo de probas de colisión destinados a mellorar a absorción e deflexión de enerxía, así como reducir a probabilidade de que algún obxecto penetre na estrutura do casco. Todos os fabricantes certificados de cascos deben pasar as probas antes do campionato de 2019 para renovar a súa certificación. Unha vez introducido na Fórmula Un, o novo estándar aplicarase gradualmente a todos os cascos utilizados polos competidores en cada evento aprobado pola FIA.[38]
Pneumáticos
editar- Artigo principal: Pneumáticos de Fórmula 1.
O fornecedor de pneumáticos Pirelli planea renomear a súa gama de pneumáticos despois dunha solicitude da FIA e da xestión do deporte. O órgano de goberno argumentou que os convenios de nomenclatura usados en 2018 eran obtusos e difíciles de entender para os espectadores ocasionais.[39][40] Baixo o novo plan, desaparecerán os nomes dados a compostos particulares (hiperbrando, ultrabrando, superbrando, brando, medio e duro) para substituílos en cada carreira polos tres tipos de compostos dispoñibles para esa carreira como brando, medio e duro. Espérase que isto axude aos seareiros a entender os compostos de pneumáticos utilizados en cada carreira. Os compostos reais da tempada serán referidos por número aos equipos, sendo "1" o máis duro, o número total de compostos para a tempada quere reducirse a cinco, e o "5" sería o pneumático máis brando, aínda que existe a posibilidade de ter seis compostos, o número final determinarase despois das probas post-tempada (tecnicamente en 2018 estaban dispoñibles sete compostos, aínda que como se esperaba nunca se usou o pneumático "superduro"). Pirelli seguira decidindo sobre que tres dos compostos estarán dispoñibles para cada carreira. Do mesmo xeito, a práctica actual de usar distintas cores para referirse ao composto específico (como o rosa para o hiperbrando) cesará, usarase o branco, amarelo e vermello para os tres compostos dispoñibles para cada carreira.[41][42]
Identificador | Adherencia | Lonxevidade |
---|---|---|
C1 | A máis baixa | A máis alta |
C2 | Baixa | Alta |
C3 | Media | Media |
C4 | Alta | Baixa |
C5 | A máis alta | a máis baixa |
Compostos | AUS |
BHR |
CHN |
AZE |
ESP |
MON |
CAN |
FRA |
AUT |
GBR |
ALE |
HUN |
BEL |
ITA |
SIN |
RUS |
XAP |
MEX |
EUA |
BRA |
UAE |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Duro | C2 | C1 | C2 | C2 | C1 | C3 | C3 | C2 | C2 | C1 | C2 | C2 | C1 | C2 | C3 | C2 | C1 | C2 | C2 | C1 | C3 |
Medio | C3 | C2 | C3 | C3 | C2 | C4 | C4 | C3 | C3 | C2 | C3 | C3 | C2 | C3 | C4 | C3 | C2 | C3 | C3 | C2 | C4 |
Brando | C4 | C3 | C4 | C4 | C3 | C5 | C5 | C4 | C4 | C3 | C4 | C4 | C3 | C4 | C5 | C4 | C3 | C4 | C4 | C3 | C5 |
Intermedios | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I | I |
Mollado | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W | W |
Resultados
editarGrandes Premios
editarPilotos
editarPuntuación: os puntos outórganse aos 10 finalistas clasificados.
Posición | 1º | 2º | 3º | 4º | 5º | 6º | 7º | 8º | 9º | 10º | VR |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Puntos | 25 | 18 | 15 | 12 | 10 | 8 | 6 | 4 | 2 | 1 | 1[N 2] |
Cambio do sistema de puntos
editarEste Gran Premio marca a introdución dun novo sistema de puntos. Conservarase o sistema 25-18-15-12-10-8-6-4-2-1 utilizado desde o 2010, pero os pilotos que logren a volta rápida recibirán un punto de bonificación, o mesmo aplicarase ao construtor do piloto que logre a volta rápida. O punto só se outorgará se o piloto remata a carreira dentro dos 10 primeiros.[44]
Para obter puntos completos, o vencedor da carreira deberá completar polo menos o 75% da distancia programada. Os medios puntos adxudicaranse se o vencedor percorre menos do 75% da distancia da carreira sempre que se disputen polo menos dúas voltas. [N 3] No caso de empate na conclusión do campionato, utilízase un sistema de conteo regresivo como desempate, o mellor resultado do piloto usase para decidir a clasificación. [N 4]
|
Negra – Pole |
Construtores
editar
|
Negra – Pole |
Notas
editar- ↑ A Fórmula Un mide o combustible, o aceite e os fluídos do motor pola masa en vez de polo volume, estes fluídos se expanden e contraen cando están suxeitos á calor e, como resultado, o volume pode cambiar, con todo, a masa permanece a mesma independentemente da temperatura do fluído.
- ↑ O punto só se concede se o piloto remata a carreira entre os dez primeiros. No caso de que o piloto que acade a volta rápida fose fóra dos dez primeiros, non se outorgará o punto da volta rápida para esa carreira.[30][31]
- ↑ No caso de que non se poidan completar dúas voltas, non se conceden puntos e a carreira é anulada.
- ↑ No caso de que dous ou máis pilotos obteñan o mesmo mellor resultado un número igual de veces, utilizarase o seu seguinte mellor resultado. Se dous ou máis pilotos alcanzan o mesmo resultado un número igual de veces, a FIA nomeará ao gañador segundo os criterios que considere oportunos.[45]
- Referencias
- ↑ "Formula 1 announces draft 2019 season calendar". Formula1.com. 31 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2018.
- ↑ Morlidge, Matt (15 de maio de 2018). "F1 chiefs wanted to move British GP to stage 1,000th GP at Silverstone". skysports.com. Consultado o 3 de decembro de 2018.
- ↑ "Alexander Albon". Scuderia Toro Rosso. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018.
- ↑ "2019 FIA Formula One World Championship Entry List". Federation Internationale de l'Automobile. Consultado o 6 de febreiro de 2019.
- ↑ "MCL34: The work starts here". McLaren F1 Team (McLaren). 11 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2018.
- ↑ "Christian: The season and beyond". Red Bull Racing Formula One Team (Red Bull Racing). 26 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2018.
- ↑ Kuczera, Łukasz. "Specjalne zadanie dla Roberta Kubicy. "Claire Williams tego ode mnie oczekuje"" [A special task for Robert Kubica. "Claire Williams expects that from me"] (en Polish). Sportowe Fakty. Consultado o 22 de novembro de 2018.
- ↑ Cooper, Adam (3 de decembro de 2018). "Racing Point name will change before 2019 season". motorsport.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2018.
- ↑ "Mercedes set date for shakedown of new F1 car". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 30 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ "Sauber and Alfa Romeo to keep fighting for ambitious results as Alfa Romeo Racing". Alfa Romeo Sauber F1 Team. 1 de febreiro se 2018. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ "Haas F1 Team’s 2019 Challenger: The VF-19" (en inglés). Haas F1 Team. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Williams reveals its 2019 F1 livery". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2019-02-11.
- ↑ "Renault reveal new R.S.19 2019 F1 car and livery | Formula 1®". www.formula1.com (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "Discover our car - the RP19". forceindiaf1.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2019.
- ↑ Mitchell, Scott (27 de xuño de 2018). "Red Bull/Honda 2019 F1 engine deal at same stage as Sauber's was". autosport.com (en inglés) (Motorsport Network). Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ Mitchell, Scott (19 de xuño de 2018). "Honda: Red Bull won't have works Formula 1 team label in 2019". autosport.com (Motorsport Network). Consultado o 20 de xuño de 2018.
- ↑ Ruiz, José Luis (14 de agosto de 2018). "Fernando Alonso anuncia que no correrá en F1 en 2019". Marca. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ "McLaren confirms Fernando Alonso decision". mclaren.com (McLaren Formula 1 Team). 14 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ Mitchell, Scott l (14 de agosto de 2018). "Fernando Alonso will not race in Formula 1 in 2019". autosport.com (Motorsport Network). Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ "Daniel Ricciardo joins Renault Sport Formula One Team from 2019". renaultsport.com (Renault Sport Formula One Team). 3 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.
- ↑ "Daniel Ricciardo to leave Red Bull to join Renault at end of Formula One season". abc.net.au (Australian Broadcasting Corporation). 3 de agosto de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018.
- ↑ "Carlos Sainz to race for McLaren from 2019". mclaren.com (McLaren Formula One Team). 16 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2018.
- ↑ "De la F1 a la Fórmula E - TyC Sports". www.tycsports.com. Consultado o 18 de decembre de 2018.
- ↑ "Stoffel Vandoorne to leave McLaren at the end of the 2018 season". McLaren. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018.
- ↑ Thorn, Dan (15 de outubro de 2018). "Vandoorne Is Making The Switch To Formula E For Season Five". WTF1. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2019. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "IndyCar - Marcus Ericsson sustituye al lesionado Robert Wickens en Schmidt". Motor.es (en castelán). 2018-10-30. Consultado o 2019-03-02.
- ↑ "George Russell, campeón de la F2 en una carrera con un tremendo susto para Latifi". Marca (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ "Alex joins the team". Red Bull Racing. 12 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019.
- ↑ "Albon replaces Gasly at Red Bull from Spa". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2019-08-14.
- ↑ 30,0 30,1 "Bonus point to be awarded for fastest lap in 2019". Formula1.com. Consultado o 12 de marzo de 2019.
- ↑ 31,0 31,1 Benson, Andrew (11 de marzo de 2019). "F1 to award point to driver who sets fastest lap in a Grand Prix". BBC sport. Consultado o 11 de marzo de 2019.
- ↑ Noble, Jonathan (2018-08-31). "2019 Formula 1 calendar revealed with 21 races scheduled". Autosport.com. Consultado o 2018-09-12.
- ↑ "F1 reveals draft 21-race calendar for 2019 including German GP". Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ Cooper, Adam (1 de maio de 2018). "Formula 1 overtaking changes pushed through for 2019". autosport.com (Motorsport Network). Consultado o 1 de maio de 2018.
- ↑ Coch, Mat (22 de xaneiro de 2018). "F1 to introduce sponsor-friendly bodywork". Speedcafe. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
- ↑ 36,0 36,1 Coch, Mat (18 de abril de 2018). "New F1 rules to be introduced in 2019". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2018. Consultado o 18 de abril de 2018.
- ↑ Herrero, Daniel (15 de agosto de 2018). "Hamilton anticipating being heavier, stronger under 2019 regs". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2018.
- ↑ "New helmet standard for Formula 1 in 2019". speedcafe.com (Speedcafe). 7 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 7 de xuño de 2018.
- ↑ Cooper, Adam (24 de maio de 2018). "Pirelli asked to simplify tyre compound names for 2019 F1 season". autosport.com (Motorsport Network). Consultado o 25 de maio de 2018.
- ↑ Coch, Mat (29 de agosto de 2018). "Pirelli to simplify F1 tyre compounds from 2019". speedcafe.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2018. Consultado o 30 de agosto de 2018.
- ↑ Noble, Jonathan; Cooper, Adam (20 de outubro de 2018). "Pirelli reveals changed colour range for 2019 F1 tyres". Autosport. Consultado o 16 de novembro de 2018.
- ↑ Scott, Matthew (24 de novembro de 2018). "F1 tyre names to be dropped in 2019". gpfans.com. Consultado o 25 de novembro de 2018.
- ↑ Max Verstappen clasificouse na pole, pero recibiu unha penalización de tres postos por ignorar as bandeiras amarelas. Charles Leclerc foi ascendido á pole position no seu lugar.
- ↑ "F1 to award point to driver who sets fastest lap in a grand prix". BBC sport (en inglés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 11 de marzo de 2019.
- ↑ "2017 Formula One Sporting Regulations". FIA.com. FIA. 9 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2019.
- ↑ Lance Stroll recibiu unha penalización de 5 segundos por deixar atallar fora da pista e gañar unha vantaxe.
- ↑ Kevin Magnussen terminou 12º, pero recibiu unha penalización de 5 segundos por atallar por fora da pista.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 |