Cana de pescar

aparello de pesca

Denomínase cana de pescar[1] ou, simplemente, cana, a un aparello,[2][3] consistituído basicamente dunha cana longa e flexíbel, que empregan os pescadores para capturaren peixes.[4] A lonxitude da vara pode variar entre os 0,5 e os 6 m. Para atraeren os peixes, insírense engados en un ou en varios anzois unidos á liña. A liña almacénase xeralmente nun carrete,[5] que reduce os enredos e axuda á recollida do peixe.

Canas de pescar

Orixinariamente o seu corpo era de compoñentes naturais, principalmente a cana, de onde vén a súa denominación como cana. Pero tamén existen doutros materiais, como madeira de cereixeira, bamú ou outros. Na actualidade, e debido á existencia de novos produtos máis lixeros e de idéntico comportamento, maiormente fabrícanse con compoñentes sintéticos.

Historia

editar
 
Unha cana e carrete de fibra de vidro
(circa 1997).

A xulgar por inscricións en pedra que se remontan ao ano 2000 a.C., as canas de pescar remóntanse ao antigo Exipto, China, Grecia, Trinidad e Tobago, e tamén se usaron na Roma antiga e na Europa medieval.[6]

Compoñentes

editar

A cana

editar

Materiais:

  • O bambú: foi o material utilizado durante séculos para a fabricación de canas. Debido ás súas grandes prestacións e versatilidade, a cana de bambú refundido segue sendo moi apreciada na pesca deportiva.
  • A fibra de vidro: foi o material co que se fixeron as primeiras canas de pescar modernas. A fibra de vidro é un material forte e flexíbel que aínda hoxe é utilizado na fabricación de canas para algunhas modalidades de pesca.
  • O grafito: grazas á súa lixeireza e gran resistencia gañou moito terreo, aínda que nos seus principios os pescadores foron reticentes ao uso deste material pola súa gran condutividade eléctrica, xa que é un gran atraente dos raios e, debido á fabricación das liñas con materiais condutores como o fluorocarbono (fibra de carbono), o risco de entrar en contacto con liñas de condución eléctrica pode xerar accidentes por descargas.

Os aneis

editar
 
Home utilizando unha cana de pescar na ría de Vigo.

Os aneis foron produto da evolución, e pasaron de ser meros elementos de suxeición a ser partes fundamentais das canas modernas. Algúns son meros aneis metálicos, que actualmente se recobren dun aro cerámico no seu interior para evitar no posíbel o roce coa liña, con que se elimina a abrasión desta durante o lance de reclamos e/ou carnadas.

O obxectivo fundamental dos aneis é distribuír a presión da liña ao longo do corpo da cana cando un peixe pon a cana tensa desde o outro extremo no momento da súa pesca. Por iso unha cana con máis aneis ao longo de seu corpo será máis resistente á tensión exercida pola liña que unha que teña menos.

As canas máis fortes, ademais de teren o corpo máis ancho, teñen aneis de rodetes que funcionan co principio das poleas que —sen selo— distribúen eficientemente a presión que poden exercer peixes tan grandes como un atún.

Actualmente estanse a desenvolver canas de nova xeración feitas con materiais de vangarda altamente resistentes; estas non contan con aneis e son ocas; a liña pasa polo seu interior distribuíndo uniformemente a presión ao longo de cada centímetro do mesmo corpo sen recorrer aos puntos de apoio que xeran os aneis.

O mango

editar

O mango das canas de pescar é un elemento fabricado en diferentes materiais, como a cortiza ou a escuma de neopreno comprimida para xerar comodidade ao pescador durante as longas xornadas de pesca. Ademais é onde se monta o carrete mediante aros de suxeición con rosca para fixalo firmemente á cana.

O mango pode ser de distintos tamaños e formas que dependen do tipo de pesca para a que está destinada cada cana. Por exemplo, os mangos de canas para a modalidade de pesca en "stand up" son lixeiramente máis longos, e os das canas para pescar no medio do mar son moldeados en ángulo para seren montados na borda das embarcacións.

Especificacións

editar

A gran maioría das canas de pescar teñeen impresas na súa base diferentes especificacións que aclaran varios aspectos de cada cana en particular.

A acción

editar

A acción refírese ao tipo de flexibilidade que presenta a cana, habéndoas de acción rápida —pouca flexibilidade—, media —mediana flexibilidade—, o lenta —moita flexibilidade—.

A resistencia da liña

editar

Cada cana está deseñada para ser usada con liñas en rangos de determinada resistencia que, segundo a IGFA (International Game Fish Association), poden ir desde as ultralixeras de 2 libras avoirdupois,[7] até as extra heavy de 130 libras (UL, L, M, MH, H, EH).

A masa dos engados

editar

As canas teñen certo límite de resistencia e flexibilidade que se específica claramente coa masa das carnadas e/ou reclamos que se poden lanzar con cada unha; esta masa vén indicada en rangos xeralmente calculados en onzas (exemplos: 1/64-1/2 oz., 1/2-3 oz.).[8]

Tipos de canas

editar
 
Cana de pescar telescópica. Lago Baikal. Siberia oriental.

Existen varios tipos de canas de pescar, que se especifican para o estilo ou modalidade de pesca que se vai realizar, aínda que os compoñentes e especificacións son de índole xeral.
Os tipos de canas máis populares son:

  • Cana para carrete aberto: con spool de liña paralela á cana que se coloca por debaixo.
  • Cana de casting: para carrete aberto con spool de liña perpendicular á cana que se coloca por encima.
  • Cana de spincast: para carrete pechado.
  • Cana de spinning: para carrete de freo dianteiro.
  • Cana de mosca: para carrete de liñaas flotadoras, neutras ou mergullábeis con anzois de tipo imitación "mosca".
  • Canas tipo pértigas: canas de longas dimensións para pesca na beira ao estilo europeo.
  • Canas de surfcasting: canas de grandes dimensións xerais para pesca desde a beira do mar.
  • Canas de pesca en mar aberto (trolling).
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cana.
  2. aparello, 3ª acep. no Dicionario da RAG
  3. "cana" en Aparellos de pesca.
  4. cana, 5ª acep. no Dicionario da RAG.
  5. carrete no Dicionario da RAG.
  6. Andrew N. Herd (21 de xuño de 2014): "Fly fishing techniques in the fifteenth century" Arquivado 21 de xuño de 2014 en Wayback Machine.. Consutado o 26 de marzo de 2020,
  7. Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos.
  8. Unha onza equivale a 0,0625 libras avoirdupois.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Association 1
INTERN 1
todo 1