Candice Bergen

actriz estadounidense

Candice Patricia Bergen, nada en Beverly Hills o 9 de maio de 1946, é unha actriz estadounidense.

Modelo:BiografíaCandice Bergen

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Candice Patricia Bergen Editar o valor en Wikidata
9 de maio de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Beverly Hills (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBeverly Hills Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Stella Adler Studio of Acting (en) Traducir
Harvard-Westlake School (en) Traducir
HB Studio Editar o valor en Wikidata
Altura1.715 mm Editar o valor en Wikidata
Peso120 lb Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de televisión, fotoxornalista, fotógrafa, actriz de teatro, produtora, escritora, modelo, presentadora de televisión, actriz de cinema, produtora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
RepresentanteICM Partners (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLouis Malle (1980–1995) Editar o valor en Wikidata
PaisEdgar Bergen Editar o valor en Wikidata  e Frances Bergen Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000298 Allocine: 2615 Rottentomatoes: celebrity/candice_bergen Allmovie: p5591 26433 TV.com: people/candice-bergen IBDB: 86320
Instagram: bergenbags BNE: XX1298582 Musicbrainz: 8508b841-e69f-46b2-a6f5-9b3ca26bfd96 Discogs: 2132867 WikiTree: Bergen-427 Editar o valor en Wikidata

Con múltiples talentos, Candice foi tamén modelo de alta costura, xornalista, fotógrafa, escritora de obras de teatro e dun libro con súas memorias. Foi a primeira muller que presentou o programa de televisión Saturday Night Live, durante a temporada de estrea en 1975.

Traxectoria

editar

Bergen naceu o 9 de maio de 1946 no Hollywood Presbyterian Hospital[1] nos Ánxeles. A súa nai, Frances Bergen (de solteira Westerman), fora unha modelo de Powers coñecida profesionalmente como Frances Westcott.[2] O seu pai, Edgar Bergen, era un famoso ventrílocuo, cómico e actor. Os seus avós paternos eras inmigrantes suecos que anglicanizaron o seu apelidos, orixinariamente Berggren.

Bergen criouse en Beverly Hills, California e asistiu á Harvard-Westlake School.[3] De nena, ás veces era descrita como "a irmanciña de Charlie McCarthy" facendo referencia ao monicreque do seu pai, o que a irritaba.[4]

Comezou a aparecer no programa radiofónico do seu pai con poucos anos,[5] e en 1958, con once anos, apareceu co seu pai no programa de Groucho Marx You Bet Your Life, como Candy Bergen. Dixo que cando crecese quería deseñar roupa. Posteriormente asistiu á Universidade de Pensilvania, mais como logo recoñeceu non tomou a súa educación en serio e tras suspender dous cursos sobre arte e ópera, pedíronlle que abandonase. Finalmente recibiu un doutoramento honorífico desta universidade en maio de 1992.[6]

Traballou como modelo antes de dedicarse á interpretación, aparecendo na portada de Vogue. Recibiu clases de interpretación no HB Studio[7] de Nova York, comezando no cinema nos anos 60. A pesar das críticas dos seus primeiros filmes, foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria no cinema e ao Óscar á mellor actriz secundaria polo filme Starting Over.

En 1982, despois do éxito de Gandhi, que recibiu oito Óscars, e en que ela fixo o papel da destacada fotógrafa Margaret Bourke-White, unha das poucas occidentais a compartiren a intimidade do líder indio durante a súa vida, Bergen pasou a traballar na televisión, actuando en diversas series. Alcanzou o seu maior éxito coa serie Murphy Brown, en que interpretaba a decidida reporteira televisiva do título, e pola cal recibiu cinco premios Emmy á mellor actriz de comedia.

Posteriormente volveu actuar no cinema, participando de Miss axente especial con Sandra Bullock ou en View from the Top do brasileiro Bruno Barreto. Na televisión, participou na serie Boston Legal na ABC.

Vida persoal

editar
 
Candice Bergen e a súa nai Frances Bergen na 62ª edición dos Óscar o 26 de marzo de 1990.

Activista política, Bergen aceptou unha cita con Henry Kissinger. Durante os seus días de activismo participou nunha broma Yippie cando ela, Abbie Hoffman e outros lanzaron billetes de dólar no chan da bolsa de Nova York en 1967, levando ao seu pechamento temporal. En 1972 participou na recollida de fondos e na organización da campaña presidencial de George McGovern.[8]

Bergen e o seu antigo mozo Terry Melcher viviron no 10050 Cielo Drive nos Ánxeles, que posteriormente foi ocupado por Sharon Tate e o seu marido Roman Polanski. Tate e outras catro persoas foron asasinadas na casa o 9 de agosto de 1969 por seguidores de Charles Manson.[9] Houbo especulacións iniciais sobre se Melcher puido ser a vítima prevista,[10] aínda que Melcher, o seu antigo compañeiro de piso Mark Lindsay e Vincent Bugliosi indicaron que Manson sabía que Melcher xa non vivía na casa nesa época.[11][12]

Entre 1971 e arredor de 1975, Bergen mantivo unha relación co produtor e guionista de Hollywood Bert Schneider.

O 27 de setembro de 1980, casou co director de cinema francés Louis Malle. Tiveron unha filla, chamada Chloe Françoise, en 1985. A parella estivo casada ata o pasamento de Malle por cancro o día de acción de grazas de 1995.[13] Bergen fala francés con fluidez.

Está casada co magnate inmobiliario e filántropo neoiorquino Marshall Rose[14] dende 2000.

Filmografía

editar
Ano Título Personaxe Notas
1966 Group, TheThe Group Lakey Eastlake
1966 O Yang-Tse en chamas Shirley Eckert
1967 Day the Fish Came Out, TheThe Day the Fish Came Out Electra Brown
1967 Vivre pour vivre Candice
1968 Magus, TheThe Magus Lily
1970 Adventurers, TheThe Adventurers Sue Ann Daley
1970 Getting Straight Jan
1970 Soldier Blue Cresta Maribel Lee
1971 Carnal Knowledge Susan
1971 Hunting Party, TheThe Hunting Party Melissa Ruger
1971 T.R. Baskin T. R. Baskin
1974 11 Harrowhouse Maren Shirell
1975 Wind and the Lion, TheThe Wind and the Lion Eden Pedecaris
1975 Morde a bala Miss Jones
1977 Domino Principle, TheThe Domino Principle Ellie Tucker
1978 Night Full of Rain, AA Night Full of Rain Lizzy
1978 Oliver's Story Marcie Bonwit
1979 Starting Over Jessica Potter Candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria
1981 Rich and Famous Merry Noel Blake
1982 Gandhi Margaret Bourke-White Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria
1984 2010 SAL 9000 Só voz; acreditada como Olga Mallsnerd
1985 Stick Kyle McClaren
2000 Miss axente especial Kathy Morningside
2002 Sweet Home Alabama Mayor Kate Hennings
2003 View from the Top Sally Weston
2003 In-Laws, TheThe In-Laws Judy Tobias
2008 Sex and the City Enid Frick
2008 Women, TheThe Women Catherine Frazier
2009 Bride Wars Marion St. Claire
2010 Romantics, TheThe Romantics Augusta Hayes
2014 A Merry Friggin' Christmas Donna Mitchler
2016 Rules Don't Apply Nadine Henly
2017 The Meyerowitz Stories Julia
2017 Home Again Lillian Stewart
2018 Book Club Sharon Myers
2020 Let Them All Talk Roberta
  1. Bergen 2014, p. 25.
  2. "Candice Bergen Biography (1946-)". www.filmreference.com. 
  3. Bergen 2014, pp. 58–59.
  4. "So when I was born, it was only natural that I was known in the press not as Candice Bergen, but as "Charlie's sister."" (Bergen, "My Dad, Charlie and Me' in Jack Canfield, et al., A Second Chicken Soup for the Woman's Soul 1998:36
  5. "Bergen & McCarthy 55-12-25 Christmas (Guest Candice Bergen)", listed on Golden Age OTR's playlist on Live365.com
  6. "Entertainment & the Arts - Bergen Is Wimpy Compared To Alter-Ego Murphy - Seattle Times Newspaper". nwsource.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  7. "Alumni". 
  8. McGovern, George S., Grassroots: The Autobiography of George McGovern, Nova York: Random House, 1977, pp. 173, 247
  9. "Obituary Terry Melcher". telegraph.co.uk. 2004-11-23. Consultado o 30 de novembro de 2012. 
  10. "Doris Day's son, musician, writer, record producer". Pittsburgh Post-Gazette. 2004-11-23. pp. A–15. Consultado o 30 de novembro de 2012. 
  11. Adamson, Nancy (8 de xuño de 2013). "Mark Lindsay talks about new music, cats and Charlie Manson". Midland Reporter-Telegram. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  12. McKay (xaneiro de 1983). "Two Faces of Cincinnati". Cincinnati Magazine. p. 94. Consultado o 23 de agosto de 2011. 
  13. "Candice Bergen and her fine romances". CBS News. 5 de abril de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2016. 
  14. Heller, Karen (8 de abril de 2015). "Candice Bergen holds nothing back in memoir that discusses weight, beauty". The Washington Post. Consultado o 20 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1